jueves, noviembre 01, 2018

buscar as flores máis axeitadas





                                                      imaxe sacada da web




buscar as flores máis axeitadas

as máis fermosas

as máis frescas

ir armando coas propias mans frías

da chuvia e da humidade

o ramo ben feito

ás nove da mañá

sen o almorzo quente no corpo

 

pousar na xardiñeira  as rosas chinas

mentres esvara unha soa bágoa

na lentura do día

 

mirala de cerca, logo de lonxe,

vixiar que as rosas estean colocadas

en perfecta simetría

unha vez e outra

saber que a él lle gustaría

o arrecendo que desprenden

e botarlles auga para que se conserven

ata a próxima visita