lunes, marzo 05, 2012

A envexa.

                                                             Imaxe Susi Lawson



Quería ser furtiva nos corpos dos demáis, deslizarse como  unha  serpe a carón de todos os  pasos e volver como una raíña a domear  o mundo.
A teima consistía en arrebatar os sorrisos e facer con eles elegantes vestidos de princesa que cegaran  á humanidade.
Só  ela relocería coa luz roubada.
E  así o fixo.
Pero quería máis.
E comezou a matar para conseguir a  salsa  da vida.
Arrebatou ansias.
Atrapou  soños.
Esnaquizou  a bondade.

Pretendía  respalandecer como os lóstregos que descendían entre as montañas.
E así o fixo.
Machucando a xuventude.
Roubando as almas.
Escondendo o sol nas enaguas …

Aquel día o vestido que levaba posto era dun azul celeste cheo de encaixes de bicos e mimosas.
Non satisfeita co seu refulxir adentrouse no bosque para espir as árbores das súas follas e facer con elas una coroa de enganos.
Nese momento , un raio relucinte  zigzagueando no aire denso, recorreu a sús espiña dorsal
para ficar no seu corazón convertíndoa en estatua de barro.