domingo, noviembre 06, 2011

bailaba o pelo no vento maino...

                                                  Imagen de Lori Earley





bailaba o pelo no vento maino

o compás dun ventilador

que atrapaba os xemidos...



quimera era espallar

un concerto de latexos

o longo do corpo

pechar a habitación

cun feixe de melodías

e espir o outono

cunha clave de sol



fantasía era danzar

c compás do baile

cun abanico chinés

enroscar o devezo

como unha serpe

ascendendo polos pés

e cos ollos entornados

observar a milagre

da paixón

mentres a miña melena

íase enredando nos teus

dedos...