domingo, septiembre 18, 2011

atrapar unha briza do teu cabelo...


Imagen Gabriel Picart



atrapar unha briza de teu cabelo
xirar trescento sesenta graos
e volver

atopar un leve indicio
de inxenuidade suspendida
no tempo

delegar ás nubes e  raxeiras
o perfume dos teus  latidos

envexar con agarimo
aqueles  días en que eras
o centro do universo
para min

agradecer as apertas cosidas
para sempre
na medula

fabricar un vínculo
que resista a severidade
da friaxe

endulzar o padal con chocolate
nos días de inverno
recoller figos en setembro
baixo a túa mirada

amar sen preguntas
sen esperar milagres
contemplando os dous
o paso da inocencia…