O baño dos amonites, obra de balbi lópez
Agárdame
a resaca do mar.
O argazo
vai enleándose nos pés
ata
facerme caer de bruzos na area.
Hoxe, é
fría e gris, a falta do sol
empardece
o seu manto tostado.
Os folgos
abandónanme na beira.
Agora
séntome ollando a marusía.
Ó lonxe,
moi lonxe, o son dunha buguina.
Os ollos
escapan na procura desa sonoridade.
Son
capaces de navegar quilómetros á deriva
só para
descubrir outro xeito de liberación,
un novo
desprendemento
deste
corpo que loita
cara o
inevitable.
As algas
van subindo por enriba das pernas,
aprisionan
os muslos e navegan no peito.
O alento
vólvese pesado
e
superficial.
-Non é
doado plantar a semente
para que
un día anegue coa crecida do río-
Métome na
auga e tremo co seu contacto xélido
mentres
vou afundindo lentamente.
Nese
intre volve aquel son a coarse nos oídos.
Tira de
min cara a superficie.
As xebras
van soltando o corpo entumecido
e nun
golpe de mar túmbome na praia
acollida
por unha raxeira de sol .
Traio nas
mans un baile de amonites.