Helena Villar Janeiro otorgoulle o premio a Anabel Bugarín Villar, que ten un blog que se chama Tareas de la cotidianidad. Aceptar este premio leva a obriga de buscar cinco blogs a quen darllo. Un deles foi o meu. Agora tócame a min espallar o meme.
Escollín blogs entre os que me deixaron recientemente comentarios
animosos, blogs que fosen de poesía [non debe ser doado manter un blog
de poesía cando non se é Farruco Sesto Novás]. O Paraíso, que non é só un lugar. Delicias turcas, inda que eu a penas as probei, porque atopei hai pouco o carreiro que iniciou no 2011. O mundo de Magdalena Malungo, que quere ser un mundo grande, grande. Cinamomorosa, que xa vai levedando dende o 2009.
e non podía faltar El cuaderno de poemas de Rubén Lapuente Berriatúa, Economista e poeta, que é veciño meu na blogosfera dende o 2008.