"Soledad" de Victoria Ruiz de Cortázar
Espera, espera como quen espera por un bico ou un caramelo. Docemente.
María non pode miralo . Atravésalle un lóstrego por enriba do embigo e pégase a súa tristura.
Non pode miralo. Non se deixa. Suspira. Suspira e o aire xeado provócalle arrepíos.
El agarda agochado a que un anxo deses que andan tamén pola terra o leve a ningures.
E ela non quere. Pero non fai nada. Déixao estar.
A súa pena é a dela tamén , máis olvida o seu nome e déixao estar.
Ás veces, só ás veces…
Ás veces quixera darse permiso para envolverlle o corpo con apertas e aloumiños, con palabras tenras que faceran sorrir os seus ollos cansos. Con todo, non se deixa.
E chora en silencio ata que algún día deixe de facelo. Sen embargo, él xa non estará aquí para vela.