sábado, marzo 01, 2014

hay moito tempo que o tempo existe

                                                     Relojes blandos- Salvador Dalí.



hai  moito tempo que o tempo existe
e non hai mais tempo que o que é
o tempo que se desfai
como as follas dunha margarida
nas nosas mans
o tempo que  nos engana
o tempo maino
o tempo do revés
o tempo cruel
o tempo en que ti existías
para min
o tempo que rouba os corpos
os sorrisos
o tempo fráxil como una corda no precipicio
o tempo sereno como as enrugas na túa fronte
non hai mais tempo que o que é
non sufras miña rula
que o tempo volverá a traer as flores da primavera
os recordos máis vívidos no teu andar
e todo é un  suspiro
o tempo é una ilusión

non sufras, miña rula