Relojes blandos- Salvador Dalí.
hai moito tempo que o
tempo existe
e non hai mais tempo que o que é
o tempo que se desfai
como as follas dunha
margarida
nas nosas mans
o tempo que nos
engana
o tempo maino
o tempo do revés
o tempo cruel
o tempo en que ti existías
para min
o tempo que rouba os corpos
os sorrisos
o tempo fráxil como una corda no precipicio
o tempo sereno como as enrugas na túa fronte
non hai mais tempo que o que é
non sufras miña rula
que o tempo volverá a traer as flores da primavera
os recordos máis vívidos no teu andar
e todo é un suspiro
o tempo é una ilusión
non sufras, miña rula
Mariola,
ResponderEliminaro tempo é realmente unha ilusión, esperar demasiado é perder oportunidades.
Time is really an illusion, wait too much is losing opportunities.
Besos
Aproveitar o tempo que se nos da, a cada momento... iso é o importante.
ResponderEliminarGrazas Syssym.
bicos.
A eternidade... nunha estrela fugaz
ResponderEliminarUn só instante que permanecerá para sempre.
EliminarGrazas antóniu.
un abrazo.
Querida amiga
ResponderEliminarVenho lhe desejar um bom carnaval.
Tudo do melhor para voce
Abraço amigo
Maria Alice
Que pases ti tamén un bo carnaval.
EliminarGrazas María Alice.
un forte abrazo.
Hermoso!
ResponderEliminarUn instante puede ser la eternidad.
Te dejo un inmenso abrazo querida Mariola.
Sí y la vida está llena de esos instantes, verdad?
EliminarGracias Adriana.
Un abrazo muy grande.
Eu xuraría que dixen algo nesta entrada. Debeu ser o Entroido que levou enmascarado o meu comentario.
ResponderEliminarDicía (ou ocórreseme agora) algo de roubarlle tempo ó tempo e detelo nun momento de ledicia.
Debeu ser, si, porque eu non o atopei.
ResponderEliminarPero estes días algo pasa, porque non fun capaz de deixarte un comentario na túa entrada. Probarei hoxe outra vez.
O tempo non se detén, por iso hay que ir deslizándose lentamente pola vida e ir saboreando os días...
moitos bicos carnavaleiros.
Bos días Mariola.
ResponderEliminarMoita imaxinación do real. Viches o espectro que sigue ás "pantasmas". Da gusto ver e leer os recursos que manexas ó ver unha imaxen.
O tempo é deforme, tanto que non existe. A pesar de medimos éste, utilizámolo pra ter referencias, o tempo non pasa, quen pasamos somos nós, o tempo queda e non se sabe onde.
O tempo que amosas , fai coma a fotografía, deixa ver sempre unha parte, o demáis, intuímolo.
un bico grande. Bos días.
Hola marcelo.
ResponderEliminarFago o que podo desde a miña humilde mirada. Gústame mirar e remirar e facer voar a miña imaxinación nas túas fotos. Sempre é un pracer.
Coincido contigo, o tempo é deforme, tanto que non existe.
Moitas grazas marcelo por achegarte.
Boa tarde. Hoxe, loce o sol, aproveita para sacar a túa cámara e fotografar esa luz da que estamos tan necesitados.
outro biquiño.
Y el tiempo.... nuestra más grande ilusión....
ResponderEliminarPaz
Isaac
Sí. Nuestro tiempo.
ResponderEliminarGracias Isaac.
un abrazo de luz.
Hola Mariola, como se va el tiempo!! a veces un momento merece toda una vida, maravillosa entrada, un abrazo.J.R.
ResponderEliminarSí, y la vida está llena de esos momentos...
ResponderEliminarGracias Jose Ramon.
un fuerte abrazo.
Que tengas una buena semana.
... é todo é un suspiro.
ResponderEliminarTodo é un suspiro.
Así é.
Eliminarbicos Zeltia.