lunes, octubre 10, 2011

Ata que os seus ollos se acostumaron á escuridade...


                                                         Cuadro de Escha van den Bogerd



Ata que os seus ollos se acostumaron a escuridade  transcorreron  fragmentos de tempo pendurados no aire.
Despois de levantarse o fino veo  que cubría as  catro paredes  foi apreciando os mobles da habitación.
A pouca claridade que se intuía a través das aberturas da persiana deixou entrever un sofá veneciano do século dezaoito.
Lentamente, abriu un  pouco  o panel. As febras de luz inundaron a estancia.
O sofá veludo, vermello como a paixón, erguíase presidindo a cuarto, impoluto . Os fermosos brocados de seda no respaldo esperaban  ser rozados polos ombros da muller que descansaba na cama.

As sabas  de satén brancas, engurradas, deixaban entrever un corpo delicado,  respirando acompasado.

Pouco a pouco foi ulindo o perfume  dunha pel salgada .
Acheguouse vagaroso. Cos seus dedos rozou o pelo que lle caía como cataratas nas costas, besou a noca con degoiro e coa lingoa  rozoulle a finos beizos.
Separou as sabas delicadamente, esperando contemplar o corpo que tremería ó contacto co aire.
Colleuna nos seus brazos e levouna o sofá aínda media durmida, agardando que espertase o compás dos seus dedos ávidos e poder atisbar así  de novo ese lóstrego que recorría os seus ollos cando a posuía.