Foi naquel día morriñento onde a chuvia miúda coábase entre as nubes grisallas.
Seducías a fala cun sorriso, mailos teus ollos proclamaban
unha tristura encarcerada.
Nun anaco de tempo que cabalgaba pausado.
Fregabas as mans unha coa outra espiando o ceo que agora principiaba a peniscar.
Lixeiro de equipaxe.
Ollabas a través da ventá.
O mar estaba calmo.
O estaleiro adornaba a paisaxe outonal coas súas grúas
enormes como robots.
E a mirada ausente voaba coas ás das gaivotas que se pousaban
lentamente no balcón mollado.
Os ollos entornados.
Lixeiro de equipaxe.