miércoles, octubre 10, 2012

Foi naquel día morriñento...

                                                              Imaxe sacada da web





Foi naquel día morriñento onde a chuvia miúda coábase entre as nubes grisallas.
Seducías a fala cun sorriso, mailos teus ollos proclamaban unha tristura encarcerada.
Nun anaco de tempo que cabalgaba pausado.
Fregabas as mans unha coa outra espiando o ceo que agora principiaba a peniscar.
Lixeiro de equipaxe.

Ollabas a través da ventá.
O mar estaba calmo.
O estaleiro adornaba a paisaxe outonal coas súas grúas enormes como robots.
E a mirada ausente voaba coas ás das gaivotas que se pousaban lentamente no balcón mollado.
Os ollos entornados.
Lixeiro de equipaxe.

Nos miolos, un enxame de coitelos afiaban un son maldito.



20 comentarios:

  1. E chove, aquí tamén. Aínda que non hai estaleiros, algunha gaivota se ve no ceo de cando en vez. Coidado cos coitelos...

    ResponderEliminar
  2. todo semellaba estar tranquilo ata o verso final, que corta como un deses coitelos dos que falas.

    algo oscuro voa sobre todo o poema

    ¿a morte?

    biquiños,

    ResponderEliminar
  3. Un paisaje nostálgico y bello a la vez, una ventana mirando al mar, sueños y ligereza de equipaje, un momento perfecto.
    como siempre una verdadera alegría leerte Mariola.
    un abrazo inmenso.

    ResponderEliminar
  4. E o que teñen os días morriñentos, que nos enchoupan de melancolía.
    Gusto das túas verbas, coitelos incluídos.

    ResponderEliminar
  5. Vakastolas- Pois se queres mándoche alguna gaivota máis, non vexas como me deixan ás veces o balcón, ata me fixeron un niño no xeranio.
    Graciñas por pasar.
    un bico.

    Aldabra- Si, algo oscuro voa no poema. Vai coándose entre as liñas, esa pena,esa tristura nos ollos,esa mirada ausente, unha incertidume que presaxia ese enxame de coitelos...
    ¿a morte,dis?- pois ben pode ser, ou algún medo...
    grazas Aldabra.
    un bico.

    Adriana Alba- Me gusta como lo dices: "una ventana mirando al mar, sueños y ligereza de equipaje"- Así debería ser.
    Muchas gracias Adriana.
    un abrazo grande.

    Raposo- Certo. Estes días moriñentos, nos que a chuvia miúda empapa ata o corazón.
    Moitas grazas Raposo.
    un biquiño.

    ResponderEliminar
  6. EL DÍA Y SU NOSTALGIA PUEDE TRAER MIEDOS E INCERTIDUMBRE, LA MUERTE CERCANA.
    UN BESITO MARIOLA
    Y GRACIAS POR VENIR A MI RINCONCITO TALENTOSA AMIGA.
    CARIÑOS

    ResponderEliminar
  7. Luján Fraix- Sí. Y aquí en Galicia tenemos muchos días así, tristes, nostálgicos, con esta fina lluvia que se cuela por todas las esquinas...y nos inunda de melancolía.
    Muhcas gracias Luján. Es un placer pasar por tu casa.
    un beso grande.

    ResponderEliminar
  8. Coma si resumises unha vida, un día calmo e griseiro arrebata a vida lixeiro de equipaxe. Un texto cheo arruga e vida vivida, quen mira coa sabiduría de ter vivido varias vidas. Maldito enxame de coitelos.

    boa tarde, mariola.

    ResponderEliminar
  9. marcelo- Gústame cómo o dis. Tes unha percepción parecida á miña.
    Á verdade é que hay moita emoción nos versos, moita arruga e vida vivida. E é terrible o final, ese enxame maldito...
    Moitas grazas marcelo.
    boa tarde tamén para ti.
    bicos.

    ResponderEliminar
  10. os coitelos co seu fío afiado prodúcenme inquietude. Unha inquedanza difusa...

    ResponderEliminar
  11. HOLA MARIOLA
    GRACIAS A TI POR VENIR A MI TÉ DE LOS MARTES.
    TE DEJO MI SALUDOS. UN BESO Y UN ABRAZO.

    ResponderEliminar
  12. zeltia- Entendo que non queda claro o texto polo que dis da inquedanza difusa.
    Graciñas pola túa apreciación.
    bicos.

    ResponderEliminar
  13. Luján Fraix- Las gracias no se merecen. He disfrutado de ese té.
    Que tengas buena semana.
    un abrazo.

    ResponderEliminar
  14. David- Gracias David por leerlo.
    un abrazo.

    ResponderEliminar
  15. (> " " <
    ( ='o'= )
    -(,,)-(,,)- Hola ya estoy de vuelta pase a saludarte.

    B E S I T O S

    ResponderEliminar
  16. Maribel- Gracias Maribel.
    un besito.

    ResponderEliminar
  17. HOLA MARIOLA
    GRACIAS POR VENIR A TOMAR EL TÉ CONMIGO, ES UN PLACER PARA MÍ QUE ME VISITES, UN GRAN ABRAZO.
    DE ALMA A ALMA.
    SALUDITOS

    ResponderEliminar
  18. Luján . Muchas gracias Luján. El placer es mío.
    Encantada también de que pases por mi casa.
    Un fuerte abrazo y muchos besos.

    ResponderEliminar
  19. Pois mira agora que vivo lonxe da terra boto de menos a choiva, pensa que cando chove se está fresquiño

    ResponderEliminar