lunes, marzo 23, 2015

había un concerto na mirada amable

                                                       Ilustración  de Benjamín Lacombe



había un concerto na mirada amable
unha música lixeira que voaba
no aire salgado do paseo marítimo
había sempre un saúdo
un sorriso pleno e acochado
unha muller que tentaba ser ela mesma

había unhos pasos que adornaban o camiño
unha historia que escondía nos adentros
mentres paseaba sola

había dudas seguramente
e soños que non podería cumprir
ringleiras tortas na andadura
que obstaculizaban o pensar
seguramente
e enchíase  dos aromas campestres
da brisa que acariciaba os sauces blancos
á beira do banco
onde non sentaba nunca

había vida e encantamento

ata que un corvo anidou nos ollos...