
Foto sacada de Internet
Marexada de ideas fugaces. Deixan un sabor doce e amargo á vez.
Desatan unha furia que non protesta pero que quere ser protesta.
Regalan unha ás que depositan na mesa de noite e un repenicar de moedas nas cadeiras.
De súpeto aparece un bico inesperado, unha mirada cómplice, unha emoción latente no peito, poemas e máis poemas, apertas fartas de amor, libros onde atopar respostas, un riso, o aire mecendo os cabelos, unha estrela, o poder da lúa enchendo o ceo, un olivo, unha espiga, un xermolo, a terra húmida.
E son eu en todo.