margaridas na primavera
23 DE Mayo
Marcaba o reloxo as oito,
da mañá,
dun día soleado.
Abríanse as margaridas á fresca
e un choro vigoroso
inundaba as paredes da casa
da madriña.
Pel rosada.
Mans pequenas.
Ollos pechados.
O meu choro vigoroso.
Espreguicei o corpo.
O meu choro vigoroso.
Espreguicei o corpo.
Bicáronme.
Cantaron unha nana,
enfeitizada,
rodeáronme con brazos
e mans e palabras suaves
que me facían cóxegas,
nas meixelas.
Derramaron amor
nos meus oídos recén estreados.
Sentinme feliz.
Así foi como nacín á vida.