Pintura- Klimt
déixame facer regueiros de beixos
na túa pel recén perfumada con bergamota
e sándalo
saboreala despois de cubrila
con poemas recitados
descubrir como se vai pegando á miña
abrigando ese tremor que fago teu