Foto sacada de la web"anaceciliavera.com.ar"
Tropecei co teu encanto
Tropecei co teu encanto
unha mañá cedo.
-Daría igual que fose no atardecer-
Ti non tiñas presa.
Eu quería fuxir.
Tropecei co teu atractivo
no meu recanto.
Desde entón estiven perdida.
-Só os teus ollos poderían salvarme -
Só a nébeda borraría as cinzas-
Só a nébeda borraría as cinzas-
Quedei agochada.
Mirando a túa vida fráxil.
Chorei.
Pedín perdón.
-O que hoxe imploro-
Máis o teu poder enléase
nos meus cabelos castaños.
Fágome transparente.
- A miña ferida é máis grande agora-
Ti mírasme cun amor que non coñezo.
Puro, quente, aspirando as nubes grises.
Durmida, soño coas túas mans
que me abrazan.
E síntome culpable.
Anda, ven, bícame de novo.
Un día destes perdonareime.
Por ti.