domingo, enero 23, 2011

Tropecei co teu encanto...


                                            Foto sacada de la web"anaceciliavera.com.ar"


Tropecei co teu encanto
unha mañá cedo.
-Daría igual que fose no atardecer-

Ti non tiñas presa.
Eu quería fuxir.
Tropecei co teu atractivo
no meu recanto.

Desde entón estiven perdida.
-Só os teus ollos poderían salvarme -
Só a nébeda borraría as cinzas-
Quedei agochada.
Mirando a túa vida fráxil.
Chorei.
Pedín perdón.
-O que hoxe imploro-

Máis o teu poder enléase
nos meus cabelos castaños.

Fágome transparente.
- A miña ferida é máis grande agora-

Ti mírasme cun amor que non coñezo.
Puro, quente, aspirando as nubes grises.

Durmida, soño coas túas mans
que me abrazan.

E síntome culpable.
Anda, ven, bícame de novo.
Un día destes perdonareime.
Por ti.


3 comentarios:

  1. E se non te das perdoado discúlpate e xa vale. Mentras tanto...sigue (seguide) disfrutando!

    ResponderEliminar
  2. Un error es perdonable porque tu no eres así, Eso es lo importante.´
    Besote Mariola :)

    ResponderEliminar
  3. es una maravilla de poema porque cuenta una historia de amor, grande.

    biquiños,

    ResponderEliminar