Foto sacada de Internet
sentir morriña
sentir morriña
de teu cheiro verde
e mergullarse nel
rozando co cabelo
o teu corpo espigado
nas tardes sen artificios
disipar a bruma
contarche cómo sobrevivo
no asfalto sen asubíos
nin merlos nas cerdeiras
cómo os zapatos
me afastan de ti
afogando as pisadas
nas beirarrúas
cómo non reluzo
nesta fervenza
de egoísmos e enganos
contarche cómo vivo
sen o canto dos grilos
sen o son dos bidueiros
sen o calor da cociña
de leña
ou sen o teu recendo
é por iso que hoxe
inventarei calquer excusa
para volver a ti
"Recargarnos" con aquello que nos hace felices y nos llena de fuerza y entusiasmo.
ResponderEliminar...es una necesidad...
Fresco y evocador, me encantó ;)
Te deseo una semana relinda, guapa¡
Sin duda algunha o asubío dos merlos nas cerdeiras, o canto dos grilos, o son dos bidueiros e maila calor da cociña de leña son reclamos sumamente interesantes; pero ningún acada o nivel do seu recendo para provocarche a búsqueda de calquera excusa para achegarte a él. E de paso fuxes da fervenza de egoismos. O que se di matar dous paxaros dun tiro, vamos!
ResponderEliminarUn bico dende a herba húmida da Chousa
fermosos sentimentos a cabalo da natureza.
ResponderEliminarbiquiños,
Grazas polos vosos comentarios. Á verdade é que a natureza da moito de sí, o malo é que ás veces ignorámola.
ResponderEliminarCada día ando á procura dun pouco de paz,simplemento ollando o vó dun paxaro ou sentindo a calor do sol na miña cara (estes días polo menos vémolo algo)
un bico grande.
Dan gañas de ir contigo a ese sitio descrito tan lindo. Apúntome. Bcos
ResponderEliminar