UN RECORDO, UN CINAMOMO ROSA. UNHA IMAXE, A MIÑA MADRIÑA FALÁNDOME. COIDO QUE NESE "AGORA" DA MIÑA INFANCIA COMECEI A OLLAR COMO POETA.
martes, julio 11, 2017
Chegará un día
Imaxe do poemario "Zurcindo Latexos"
Chegará un día
en que non escoite
o arrastrar dos pasos
na linguaxe das rochas
(vencidos pola artrose),
un día no que o pulo
decida tropezar co tempo
da desidia
(na hora dos pexegueiros).
Serei débil para buscarte
en calquera esquina.
Pasaron tres anos desde que escribín o poema. Unha pérdida que todavía non se producira, pero que sólo de pensalo entristecía o meu corazón. Agora, despois destes tres anos sucedeu. Hoxe, estes versos comprenden outra nova dimensión.
Quérote papá.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)