UN RECORDO, UN CINAMOMO ROSA. UNHA IMAXE, A MIÑA MADRIÑA FALÁNDOME. COIDO QUE NESE "AGORA" DA MIÑA INFANCIA COMECEI A OLLAR COMO POETA.
martes, julio 11, 2017
Chegará un día
Imaxe do poemario "Zurcindo Latexos"
Chegará un día
en que non escoite
o arrastrar dos pasos
na linguaxe das rochas
(vencidos pola artrose),
un día no que o pulo
decida tropezar co tempo
da desidia
(na hora dos pexegueiros).
Serei débil para buscarte
en calquera esquina.
Pasaron tres anos desde que escribín o poema. Unha pérdida que todavía non se producira, pero que sólo de pensalo entristecía o meu corazón. Agora, despois destes tres anos sucedeu. Hoxe, estes versos comprenden outra nova dimensión.
Quérote papá.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Non podería añadir unha palabra despóis de leer un poema que o dice todo.
ResponderEliminarSinte unha fonda aperta. Bicos
Moitas grazas balbi. Grazas tamén pola túa aperta sentida. Bicos.
ResponderEliminarEsa dimensión á que aludes seguramente é a que nos fai capaces de nos decatar que cando xa non están arredor de nós; están dentro de nós.
ResponderEliminarApertiñas grandes Mariola
Moitas grazas chousa. Si, sempre estarán dentro de nos. Un biquño grande.
ResponderEliminarPero nunca chegará o día no que o esquezamos nin deixemos de querelo.
ResponderEliminarSi, certo. Sempre estarà con nos. Bicos grandes.
Eliminar