Imaxe Alen Kopera
ollos dun gris
enfermizo
mans frías como xeo
da Antártida
latexos agora
máis rápidos
agora máis rápidos
agora máis rápidos
boom boom
boom boom boom…
a espesura
o soño enleado de finas febras acuosas
una súplica
un achegamento fracasado
palabras enchidas de sangue coagulada
tortura que retorce os intestinos
e envelena o sangue que aínda corre polas veas
lágrimas espesas como a túa boca
que só di incongruencias
probar nas carnes unha
nova violencia
de xénero
boom boom
boom boom boom...
cansazo magullado nas horas de espera
meixelas roxas de quentura
olleiras profundas como regos
labios que tremen mentres rezan
sacudidas dun corpo enfermo pola túa vontade
-por favor mi dios sálvame de esta desolación-
ven a brétema a liberarme
pecho a loita
deixo de existir
boom boom
boom
___________________________