
Foto sacada de Internet
quietude, cando fóra
quietude, cando fóra
a noria sobe e baixa
sen previo aviso
marexada ausente
nun mar de pétalos rosas
vertixe de mirar
polo oco da pechadura
e divisar fadas e volvoretas
e vagalumes
placidez arroupada
con silencios mudos
meditativos
universo dentro de min!