Foto sacada de Internet
quietude, cando fóra
quietude, cando fóra
a noria sobe e baixa
sen previo aviso
marexada ausente
nun mar de pétalos rosas
vertixe de mirar
polo oco da pechadura
e divisar fadas e volvoretas
e vagalumes
placidez arroupada
con silencios mudos
meditativos
universo dentro de min!
pois é un poema moi plácido... moi lene... moi lixeiro.
ResponderEliminarcoma un pétalo voando ó ar.
bicos,
O teu universo semella estar nun momento tranquilo, sereno e relaxado.E eso é realmente importante para os tempos e "andanzas"que vivimos!!!!!.O mundo das fadas e as volvoretas ..........é máxico e sublime!!!!.Apúntome!!!!!.
ResponderEliminarQuérote.
Bicos.
grazas polas vosas palabras aldabra e candela, espero que todos logremos estar en paz co noso entorno e sobre todo con nos .ah! candela xa estás na miña lista, apuntada a primeiriña. moitos bicos.
ResponderEliminar