viernes, noviembre 16, 2012

agradecemento




es de bien nacido ser agradecido


es de bien nacido ser agradecido
Helena Villar Janeiro otorgoulle o premio  a Anabel Bugarín Villar, que ten un blog que se chama Tareas de la cotidianidad. Aceptar este premio leva a obriga de buscar cinco blogs a quen darllo. Un deles foi o meu. Agora tócame a min espallar o meme. Escollín blogs entre os que me deixaron recientemente comentarios animosos, blogs que fosen de poesía  [non debe ser doado manter un blog de poesía cando non se é Farruco Sesto Novás].
O Paraíso, que non é só un lugar.
Delicias turcas, inda que eu a penas as probei, porque atopei hai pouco o carreiro que iniciou no 2011.
O mundo de Magdalena Malungo,  que quere ser un mundo grande, grande.
Cinamomorosa, que xa vai levedando dende o 2009.
e non podía faltar El cuaderno de poemas de Rubén Lapuente Berriatúa, Economista e poeta, que é veciño meu na blogosfera dende o 2008.


Moitas grazas, zeltia. 

8 comentarios:

  1. Hola Mariola, buenas noches,
    te felicito por este premio
    iré a ver los enlaces.

    Te deseo un excelente domingo
    abraciño! =)

    ResponderEliminar
  2. Ariel- Gracias Ariel. Zeltia, que es muy amable en incluirme.
    outro abraciño.

    ResponderEliminar
  3. Adriana Alba- Muchas gracias Adriana.
    un fuerte abrazo.

    ResponderEliminar
  4. xa lle dixen a Zeltia no seu blog que o teu nomeamento era moi merecido e que me alegraba moito por ti... escribes como os anxos, xa cho dixen moitas veces.

    respecto do buda do meu blog, cóntoche: na protectora Arco da vella, donde imos colaborar os fins de semana, teñen cousas de segunda man á venda, para sacar algún diñeiriño para os peludos, e tiñan uns budas que a mín me gustaban moito... onte compreille este para Inés, para o piso de Santiago, estaba cheo de lixo pero lavadiño quedou precioso.

    por certo, cóntoche que o día 6 de decembro, a protectora organiza un Mercadiño solidario, na AA.VV do Val, xusto detrás da Cooperativa, por si vos apetece pasarvos... haberá de todo un pouco,libros, bisutería, cousas de lá, manualidades varias... cousas novas e cousas de segunda mán... eu estiven facendo uns manteliños con cans e gatos para vender, a oito euros... e non é porque os fixera eu pero son moi lindiños...

    biquiños,

    ResponderEliminar
  5. ALdabra-
    Moitas grazas Aldabra polas túas palabras. Pero non mo digas moito, porque o ego súbese pronto...
    Pois mira, con respecto ó 6 de decembro se poido pasareime por ese mercadiño, sempre está ben iso de colaborar aínda que sexa pouquiño, gran a gran faise moito.
    E non dubido de que as túas labores están ben feitiñas, xa che vin máis e son ben fermosas.
    biquiños Aldabra.

    ResponderEliminar
  6. pois eu agradézoche o agradecimento, pero é excesivo que inclúas o meu post completo. Escaráche a harmonía do blog, con estas cores tan lindas, este cambio de look,con música incluída e presentación de fermosísimas fotos.
    Espero que se che resolvera o asunto da configuración, e como diría noso amigo Chousa, continuamos a bingo! é dicir a escribir e compartir, na procura da palabra que nos asista.

    ResponderEliminar
  7. zeltia- Non escaralla nada, ó contrario.Grazas a ti.

    En canto á configuración non hai maneira, seguen saíndo poucas entradas na primeira páxina.

    E seguiremos escribindo, claro que si, para compartir o don tan preciado da palabra. Encántame que esteades aqui.
    moitos bicos.

    ResponderEliminar