jueves, junio 20, 2013

Agárdame a resaca do mar




 
           O baño dos amonites, obra de balbi lópez



Agárdame a resaca do mar.
O argazo vai enleándose nos pés
ata facerme caer de bruzos na area.
Hoxe, é fría e gris, a falta do sol
empardece o seu manto tostado.

Os folgos abandónanme na beira.

Agora séntome ollando a marusía.
Ó lonxe, moi lonxe, o son dunha buguina.
Os ollos escapan na procura desa sonoridade.
Son capaces de navegar quilómetros á deriva
só para descubrir outro xeito de liberación,
un novo desprendemento
deste corpo que loita
cara o inevitable.

As algas van subindo por enriba das pernas,
aprisionan os muslos e navegan no peito.
O alento vólvese pesado
e superficial.  

-Non é doado plantar a semente
para que un día anegue coa crecida do río-

Métome na auga e tremo co seu contacto xélido
mentres vou afundindo lentamente.
Nese intre volve aquel son a coarse nos oídos.
Tira de min cara a superficie.
As xebras van soltando o corpo entumecido
e nun golpe de mar túmbome na praia
acollida por unha  raxeira de sol .

Traio nas mans un baile de amonites.






19 comentarios:

  1. Hola Mariola, buenas tardes,
    me encantó,
    no sé si es que aquí estamos bajo cero, pero me has pintado con delicadeza y sutileza un paisaje de ensueño.
    El cuerpo solo es un nexo entre las sensaciones y el sentir.

    Te deseo un maravilloso fin de semana
    un beso y un abrazo
    ...y a seguir bailando =D

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchas gracias Ariel.
      Ciertamente el cuerpo es nuestra envoltura en este mundo.
      Y gracias a él podemos sentir, tocar, oler, volar con nuestra imaginación.
      Que tengas un buen fin de semana y una bonita noche de San Juan.
      un besito.

      Eliminar
    2. Hola Mariola, buenas tardes,
      muchas gracias por darte una vueltita por mi humilde hogar,
      es un placer contar con tu compañía,
      cuando "tú" vuelvas a la acción,
      "yo" volveré al pie del cañón =D

      Un calido abrazo de miércoles
      bonita jornada

      Eliminar
  2. O teu poema e unha buguina chea de maxia, de sons que tocas con toda a maestría.
    Gracias Mariola, bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Intentamos que as emocións cheguen a outras persoas, facer sentir coas palabras, a pintura e a música e ofrecer o que un humildemente un fai, ás veces non se consegue, pero hai que seguir insistindo.
      Moitas grazas Balbi.
      un bico grande e que a noite de San Xoán esté chea de maxia para ti.
      un bico.

      Eliminar
    2. Olvidei dicir que podes gardar a entrada no barrincoia, claro que si!!!
      bicos.

      Eliminar
  3. Mariola cando leo este poema vexo a bulir os teus amonites no mar.
    É un grande poema, a miña mais sinceira felicitación por el.
    Bicos e noite máxica do lume para ti tamén :)

    ResponderEliminar
  4. Ía decir que o cadro semellaba de Balbi...Eses corpos tentando de cobrar vida, son dela.
    Vólvese complexo e máxico á vez entender un texto así, a poesía en xeral.
    Deixa sempre cabida a calquera dos nosos sentires ó ir lendo. Un son coma o de esa bugina, danos forza de novo pra soltar o sargazo e que o sol dé outra vez na area pra dourala.

    Boa noite de San Xoan, Mariola.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Certamente os cadros de balbi teñen algo moi especial, sei que a ti tamén che gustan.
      É difícil escribir sobre sentimentos porque ás veces ti tes na cabeza as cousas claras, pero iso non quere dicir que cheguen aos demáis ou que non resulten un pouco confusos.
      Cada que ten a súa propia lectura.
      Máis ti xa captaches a mensaxe, liberarse dese argazo, desas ataduras e seguir cara adiante, buscando no noso corazón novos camiños e sons e cores -como os que ti captas coa túa cámara- Buscar nas pequenas cousas que nos levarán sen duda a crecer, como estes amonites que liberan a carga e agasállannos coa súa presenza.
      graciñas marcelo e boa noite tamén para ti.
      un bico

      Eliminar
    2. Liberar..liberar...e coñecer.
      boa noite.
      un bico

      Eliminar
  5. el mar, tan inspirador, tan bello.
    De allí venimos...eso creo, al colocarnos una caracola en el oído nos sentimos como en casa.
    Tu poema es hermoso cada verso acaricia la playa de nuestros sentidos.
    La pintura es fantástica.
    Un abrazo querida Mariola.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Adriana.
      Los que vivimos cerca del mar nos podemos considerar afortunados.
      Ciertamente tiene un poder de seducción enorme. Quizás tengas razón al decir que de allí venimos.
      La pintura es de balbi, a mi también me parecen fantásticas. Si quieres pincha en su nombre y podrás ver su blog.
      un fuerte abrazo Adriana.

      Eliminar
  6. creo que voy a repetir lo que ha dicho alguien antes... es un poema con mucha magia y al mismo tiempo hay un momento en el que sentí "miedo y angustia"...

    me imagino una atracción fatal hacia el mar, suspendida en el último momento...

    no sé... algo así.

    biquiños,

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sí, hay miedo y angustia. Pero el final es esperanzador.
      bicos y gracias.

      Eliminar
  7. Traio noticias de Dilaida.
    Non entra no blog porque ten dificultade para ler. Pero quere que saibades que está loitando y vai ben.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrome de todo corazón por Dilaida.
      Darémoslle enerxía para afrontar esta nova etapa na súa vida.
      A mente é moi poderosa, a actitude con que nos enfrentamos ós nosos problemas e enfermidades.
      Espero que se vai recuperando.
      Moitas grazas mariajesusparadela.
      un biquiño.

      Eliminar
  8. amonites(nunca escoitara esa palabra, grazas!)

    o bo dun poema é que cada un pode facer a súa propia lectura, e os seus significado multiplícase.
    para min, tamén, o meu.

    un bico

    ResponderEliminar
  9. E todas as interpretacións son válidas.
    Iso é o bo.
    A palabra amonites gústame moito, grazas a balbi descubrina, os seus amonites son fermosísimos.
    graciñas zeltia. un besiño.

    ResponderEliminar