lunes, marzo 05, 2012

A envexa.

                                                             Imaxe Susi Lawson



Quería ser furtiva nos corpos dos demáis, deslizarse como  unha  serpe a carón de todos os  pasos e volver como una raíña a domear  o mundo.
A teima consistía en arrebatar os sorrisos e facer con eles elegantes vestidos de princesa que cegaran  á humanidade.
Só  ela relocería coa luz roubada.
E  así o fixo.
Pero quería máis.
E comezou a matar para conseguir a  salsa  da vida.
Arrebatou ansias.
Atrapou  soños.
Esnaquizou  a bondade.

Pretendía  respalandecer como os lóstregos que descendían entre as montañas.
E así o fixo.
Machucando a xuventude.
Roubando as almas.
Escondendo o sol nas enaguas …

Aquel día o vestido que levaba posto era dun azul celeste cheo de encaixes de bicos e mimosas.
Non satisfeita co seu refulxir adentrouse no bosque para espir as árbores das súas follas e facer con elas una coroa de enganos.
Nese momento , un raio relucinte  zigzagueando no aire denso, recorreu a sús espiña dorsal
para ficar no seu corazón convertíndoa en estatua de barro.



18 comentarios:

  1. estívolle ben, non podo sentir lástima dela.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  2. O castigo foi duro, pero esconder o sol nas enaguas foi un sacrilexio demasiado atrevido. Unha vez alí seguro que xa non quixo sair nunca máis...

    Bicos

    ResponderEliminar
  3. A envexa é moi mala cousa...
    Moi bo o relato, e gustoume que cando os malos sentimentos se levan dentro,que acabe como acabou...,como unha estátua de barro.
    É ben fermoso o vídeo da tormenta.
    Un bico.

    ResponderEliminar
  4. ¡Que mala es la envexa!
    Un bico Mariola

    ResponderEliminar
  5. aparte da linguaxe lírica que utilizas, como é o teu estilo, esta vez desenvolves unha historia moi imaxinativa e orixinal.
    gustoume moito.

    ResponderEliminar
  6. Fermoso relato cunha linguaxe lírica moi axeitada. O final é duro, pero merecido.

    ResponderEliminar
  7. Lovely sense of style and beautiful blog! Very nice work!
    Would you like to follow each other?
    xoxo,
    Fashionhypnotised girl

    ResponderEliminar
  8. Aldabra- É verdade, non se pode sentir lástima pola envexa.
    bicos.

    Chousa- Co sol nas enaguas brillaría todavía máis. Gústame que repararas nesa palabra.
    bicos.

    o canto da lúa- É ben mala conselleira a envexa e oxalá que os malos sentimentos acabasen sempre así, verdade?
    bicos.

    Victoria- xa a palabra é retorcida.
    moitos bicos, victoria.

    zeltia- Gracias Zeltia, agradezo que che gustase.
    bicos.

    ResponderEliminar
  9. Raposo- Moi agradecida, Raposo.
    bicos.

    Antonio Pereira- Grazas por achegarte e grazas pola túa felicitación neste 8 de marzo.
    bicos.

    Laura- Thank you for coming by my blog. Also i will be visiting your blog
    a hug.

    ResponderEliminar
  10. É unha maravilla deixarse levar polo ritmo que ten o relato
    eres unha gran artelladora de imaxes cheas de maxia
    bicos e bon fin de semana

    ResponderEliminar
  11. balbi lopez- Moitas grazas balbi, de corazón.
    Bo fin de semana para ti tamén, pintora.
    un biquiño.

    ResponderEliminar
  12. http://──██─────────────┐
    http://──▌▐─────────────┤
    http://──▀▀▀▄█▀▄────────┤
    http://─────▌▐─█────────┤
    http://──────▀▀─██─█────┤
    http://──▄▄─▄▄──▌▐─█────┤
    http://─███████──▀▀─██▀─┤
    http://─▀█████▀─────▌▐▀─┤
    http://───▀█▀───────▀▀▀─┘
    ★MaRiBeL★

    ResponderEliminar
  13. María Alice- Grazas, pasarei polo teu blog para deixar o meu voto.
    un abrazo.

    Maribel- Gracias Maribel por pasar y dejar tan bello mensaje.
    un abrazo.

    ResponderEliminar
  14. David- Gracias, David.(aunque no sé muy bien lo que quieres decir)
    un abrazo.

    ResponderEliminar
  15. Olá!

    Uma muito bela reflexão. Obrigado pela visita e comentário lá no Blog.

    Um abração e um bom fim de semana.

    Antonio (Apon)

    ResponderEliminar
  16. Me gustó mucho, sobre todo que sea la naturaleza la que acaba con la envidia ya que los humanos no somos capaces

    ResponderEliminar
  17. Antonio Pereira- Grazas Antonio. Que teñas unha boa semana.
    un abrazo.

    Maria Tenreiro- La naturaleza siempre pone las cosas en su lugar.
    Gracias compañera.
    un abrazo.

    ResponderEliminar