habito na sombra
do que fun.
Son un gran de maínzo
na horta que plantei
coas miñas mans.
Traio recordos húmidos
de tempos idos;
lembro un sorriso feiticeiro,
una saia impulsada
co compás do vento.
E camiño descalzo,
sóbeme unha formiga
polos pés.
Recollo careixóns
para unha boca encarnada
de mapoula.
Pero o folgo do vento
vai esfiañando os recordos.
Agora moro na sombra
do que fun.
Ando curto de pensamentos.
Retrátanse os anos nas engurras
da fronte.
Veño de onte
para acabar en mañá.
E solapo a miña pena
nunha saudade silandeira.