cuadro de Klimt
sabía por instintoque esperabas
un acorde
do meu corpo
entre as liñas desvaídas
dun perfil que treme
o teu contacto
elevei os brazos
para rodear a noca
receptiva
acariciei os lóbulos
das orellas
susurrei algunha palabra
desbocada no oído
e pechei os ollos
así góstanme máis as caricias
Cando as propias palabras autoincitan, quen as escoita percibe con nidia claridade o galope da excitación...
ResponderEliminarBicos "a pelo"
encántame ese final e tamén o da palabra desbocada, como un cabalo salvaxe...
ResponderEliminarmoi suxerente, éntranme gañas de... ;-))
biquiños.
...así nme gustan las caricias"...me encanta Mariola, es un poema maravilloso.
ResponderEliminarBesitos linda :)