sábado, marzo 12, 2011

Pretendía ser boa...





Pretendía ser boa, loitar polas túas causas e somerxerme nas túas expectativas.
Pero un veo cubríame os latexos e a verdade.
Pretendía ser boa para o teu corazón, porque tamén é o meu.
Pero non souben buscar o camiño recto-quizais porque non o hai-
É máis fácil confiar. E así o fixen.
Máis as cousas non saen como un quere senón como teñen que ser.


perdida na espesura
só quero que ti me rescates
que poñas ás nas miñas mans
e eleves a miña conciencia

só así entenderei

3 comentarios:

  1. Duele....
    Nunca dejamos de aprender... pero a veces lastima, es el precio del "crecimiento"...que pena...
    Para lo del rescate...qué te parece si mejor llamamos a los bomberos?...no vaya a ser ;)
    Besito guapa.

    ResponderEliminar
  2. Nese camiño do que falas non hai liñas rectas máis que as da intención. Despois, as circunstancias, sempre van facéndolle dar rodeos...

    Bicos en espiral

    ResponderEliminar
  3. Un poema de amor desesperado, como os versos da canción de Neruda. Biquiños,

    ResponderEliminar