jueves, agosto 23, 2012

non regresar á mirada paciente






                                           Pintura de Ruymoon: "De espalda al amor".     



non regresar
á  mirada
paciente

ter medo
de explorar
as enrugas
que cobren
o peito

poseer abrazos
que se esvaecen
no aire

percibir
o mínimo xesto
de vencemento
nos pasos
fatigosos

ocultar o amor
sen saber ben por qué

fuxir de ti

fuxir de min


 

sábado, agosto 04, 2012

voar as ansias de sorrir fronte aos merlos...








                                                            Cadro de Montserrat Gudiol





voar as ansias de sorrir fronte aos merlos…

retroceder o tempo nas pernas cansas
asubiar un  fío de voz nas palabras
coarse  un  sol rechumido entre as pestañas
encoller o peito con cada latido…

mallar a dor incensante no corpo engurrado
rabuñar o aire na pel húmida e quente
tremer de medo  e de pena e de cansazo
afogar os folgos nunha cama de hospital
mentres eu mezo cos meus ollos o teu corazón…



domingo, julio 15, 2012

Primero, la respiración acompasada...




                                                           Cuadro de Leandro Lamas



Primero, la respiración acompasada, la mirada serena.
Luego, los besos  perfumados con tu aroma.
Más tarde, un baile de manos acariciando los perfiles de mi cuerpo.
Después, todo giró endemoniadamente.



domingo, junio 24, 2012

estalos na boca


                                                             Imaxe Georgia Ó Keeffe



estalos na boca  
e nas  cadeiras
provocando calafríos
no  estómago
cheo de bolboretas

baleirarse da mente
e do corpo
suspirar no teu oído
un frenesí acompasado
mentres me roubas un último estalo…




sábado, junio 09, 2012

Prendía o sol nas costas


                                                            Imaxe Sema Culam






Prendía o sol nas costas.
O aire abaneaba o pelo ceibo.
Camiñabas acariñando cos tes dedos a vexetación que se amontoaba  á  beira do camino.
Unha espiga, as margaridas que lucían espléndidas, as herbas meneándose, os pampillos, as abelurias,  os cucos… outra vez as margaridas.

E as mans lograban descubrir unha sensibilidade gardada no máis profundo do teu corazón.
A música soaba nos auriculares, unha música relaxante desas que tanto che gusta escoitar para desconectar a mente atropelada de ideas arremuiñadas.
Unha cerdeira abría as súas pólas ó teu paso, quizás para lembrache que podías refuxiarte no seu tronco enraizado profundamente á terra.
Colliches unha cereixa, quizás para lembrar ese gusto de entón, cando existían aínda a virxinidade dos sabores. E souboche o mesmo que no pasado.
Fois despois cando comezaron as primeiras bágoas.  O vento penetraba nos prados que chamaban  polos teus pasos e fuches canda eles nun intre de lucidez.
Toco cambiou ao redor. Xiraba o mundo, pero ti permanecías escoitando ese son maravilloso da natureza que avivaba as ansias de facerse de novo pequena, pequeniña e esgotar os folgos correndo no alcacén tan verde…
De buscar ese anaquiño detido no tempo…
De durmir cos brazos abertos…
De mirar cómo a lua enche nos ollos…
De argallar xogos novos, de volver a subirse ás árbores, de manchar as pernas co zume das herbas campeiras, de comer figos coa madriña, de escoitar os grilos no atardecer, de bañarse no río de augas calmas e frías…
De volver para capturar eses beixos mornos que empapaban as meixelas….
De volver…







domingo, junio 03, 2012

Fixéchesme unha encarga


                                                                    
Fixéchesme unha  encarga.  Poñer as miñas verbas rodeando o teu mapa de Galicia.
No centro, un trisquel celta, simbolizando a evolución e o crecemento, o equilibrio entre  o corpo,  a mente e  o espírito.

Palabras que falasen  de Galicia, a terra que levas no corazón.
E así quedaron, enleadas na túa pel, orgullosas, para sempre.





                                                                       A túa pel

Son da terra húmida, das meigas
e o mar espumoso.
Galicia susurra o meu nome. 




miércoles, mayo 23, 2012

23 DE MAYO



                                                         margaridas na primavera



23  DE Mayo

Marcaba o reloxo as oito,
da mañá,
dun día soleado.
Abríanse as margaridas á fresca
e un choro vigoroso
inundaba as paredes da casa
da madriña.

Pel rosada.
Mans pequenas.
Ollos  pechados.



O meu choro vigoroso.



Espreguicei o corpo.


Bicáronme.
Cantaron unha nana,
enfeitizada,
rodeáronme con brazos
e mans e palabras suaves
que me facían cóxegas,
nas meixelas.
Derramaron amor
nos meus  oídos recén estreados.
Sentinme feliz.

Así foi como nacín á vida.



miércoles, mayo 09, 2012

Aire fresco





Mi hermana me regala este cinamomo.

Sembrar jazmín y recoger fragancias.
Salpicar los prados de manzanilla.
Descansar  en un campo de lilas.
Abrazar el mundo en tus manos,
esas que acarician mis mejillas
cuando despierto.

Repartir  amor en macetas blancas,
regarlas con gotas de estrellas.
Sentarse a contemplar cómo crecen
las promesas y los sueños.
Abrazar el inmenso río de tus ojos
mientras estallan los primeros cinamomos.

domingo, abril 22, 2012

encherse de mar e oleaxe


                                                              Imaxe de Georgia O´Keeffe




encherse de mar e oleaxe
rebozar o corpo de area
mentres o sol quenta as pálpebras
correr     correr ata esgotar a marea

un paso      
o mundo dentro dunha pisada
dous pasos
o vento movendo a pamela
de cores vermellas
como as mapoulas  

ruído incesante de ondas nas orelas
gaivotas que procuran o seu sustento
algas que se enredan nos pés coquetos
sosego    sosego  que mitiga os nevios

lixeira algarabía de mans que bailan
sorriso pintado que navega no atardecer
probar a auga salgada tímidamente 
sentindo as cóxegas que refrescan os ánimos

encher o peito de mar
mentres a pamela cae lentamente
a carón dunha buguina…



Para ti, para que un día poidas recorrer as mismas pisadas de entón, miña rula.
E senón podes, levarei o mar canda ti.
Non te rendas.




jueves, abril 12, 2012

imprimir no pouso do fume


                                                               Pintura de Leandro Lamas


imprimir no pouso do fume
os días descoloridos
pintalos de novo no lenzo
da túa pel
mentres  navego nos surcos que deixou
a túa pegada na miña retina

agora    cando recordo
que un día non souben quererte…