sábado, junio 09, 2012

Prendía o sol nas costas


                                                            Imaxe Sema Culam






Prendía o sol nas costas.
O aire abaneaba o pelo ceibo.
Camiñabas acariñando cos tes dedos a vexetación que se amontoaba  á  beira do camino.
Unha espiga, as margaridas que lucían espléndidas, as herbas meneándose, os pampillos, as abelurias,  os cucos… outra vez as margaridas.

E as mans lograban descubrir unha sensibilidade gardada no máis profundo do teu corazón.
A música soaba nos auriculares, unha música relaxante desas que tanto che gusta escoitar para desconectar a mente atropelada de ideas arremuiñadas.
Unha cerdeira abría as súas pólas ó teu paso, quizás para lembrache que podías refuxiarte no seu tronco enraizado profundamente á terra.
Colliches unha cereixa, quizás para lembrar ese gusto de entón, cando existían aínda a virxinidade dos sabores. E souboche o mesmo que no pasado.
Fois despois cando comezaron as primeiras bágoas.  O vento penetraba nos prados que chamaban  polos teus pasos e fuches canda eles nun intre de lucidez.
Toco cambiou ao redor. Xiraba o mundo, pero ti permanecías escoitando ese son maravilloso da natureza que avivaba as ansias de facerse de novo pequena, pequeniña e esgotar os folgos correndo no alcacén tan verde…
De buscar ese anaquiño detido no tempo…
De durmir cos brazos abertos…
De mirar cómo a lua enche nos ollos…
De argallar xogos novos, de volver a subirse ás árbores, de manchar as pernas co zume das herbas campeiras, de comer figos coa madriña, de escoitar os grilos no atardecer, de bañarse no río de augas calmas e frías…
De volver para capturar eses beixos mornos que empapaban as meixelas….
De volver…







15 comentarios:

  1. Que bonito, por un momento recorrín contigo esos prados.Que bonitos os recordos, contaos sempre para non esquecelos e levarnos de novo a nenez.Bcos

    ResponderEliminar
  2. Un canto maravilloso a la naturaleza,he recorrido los campos y abrazado los árboles,que pases feliz domingo,un abrazo.J.R.

    ResponderEliminar
  3. Muy bonito Mariola. Cuando paseamos siempre recordamos otros paseos gratos, y sobre todo si fueron por el mismo lugar. Con los años solemos recordar siempre la niñez, algo que yo creo que nunca deberíamos de olvidar, siempre deberíamos de ser un poco niños. Por si no sale mi nombre soy María. Muchos besos

    ResponderEliminar
  4. Esconderse nas cordas dun son arpado, mentras as margaridas se abanean nas túas mans...é un xeito sumamente doce de fuxir da tropelía de ideas arremuiñadas!.

    Bicos soleados

    ResponderEliminar
  5. Dende logo a mín conseguiches levarme de novo aos prados verdes, ós camiños bordeados de flores, ás leiras sementadas de alcacén que ondea ao vento coma un mar verde, a escoitar os grilos á tardiña, a comer cereixas...
    O humor cambiou por un momento, esquecendo o presente.

    ResponderEliminar
  6. é bó recordar o pasado pero non é bó voltar ó pasado para sufrir de morriña.

    dito ésto o texto é todo él unha fermosura.

    dan gañas de saír fora a encontrarse coa natureza... pero mais tarde, agora chove.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  7. Volver no solo en sueños.

    Un beso

    ResponderEliminar
  8. Un relato lleno de recuerdos, de fragancias, colores, un paisaje que has recreado hermosamente Mariola.

    Me ha encantado.
    Besitos.

    ResponderEliminar
  9. Manola- Son recordos que quedarán prendidos sempre no corazón. Recordos que lembramos de vez en cando, cando soa a música da natureza e parece como se quixera levarnos a aqueles mundos de entón. Cando ti e máis eu xogabamos xuntas nun mundo máis puro.
    bicos.

    Jose Ramon Santana- Me alegro de que hayas recorrido los campos, siempre es bueno recoger esa energía que guardan y oxigenar con ella nuestra vida. Gracias.
    un abrazo.

    Anónimo- Gracias María. Yo también pienso que es bueno volver a recoger esas fragancias de la infancia y no olvidarlas. Volver a volar con aquellas alas...
    besos.

    ResponderEliminar
  10. Chousa- Fuxir das ideas, mirando o horizonte ou as margaridas, contemplando como o vento vai abaneando as herbas mentres a nosa mente vai canda elas, observando simplemente, deixándose guiar...
    Graciñas Chousa.
    bicos con ese son arpado.

    Zeltia- Grazas Zeltia- E que a natureza é o que ten, que logo nos transporta a outros mundos marabillosos, onde non existe nada máis que o seu canto e sempre nos acolle sen esperar nada a cambio.
    biquiños.

    Aldabra- É verdade que ás veces sufrimos un pouco, pero tamén e bó que nos demos conta de todo aquelo que nos formou como persoas e volver a integralo na nosa vida diaria, para non esquecer.
    Grazas.
    un bico.

    ResponderEliminar
  11. Imilce- Gracias Imilce. Volver siempre es posible. Recargarse con aquella energía, contemplando el firmamento a la orilla del río.
    besos.

    Adriana Alba- Gracias Adriana. Cuando los recuerdos quedan tan perfumados siguen estando ahí para llevarnos a conectar de nuevo con ellos.
    un abrazo grande.

    ResponderEliminar
  12. Fermosa imaxen pra lembrar tempos pasados. A min devólveme aquela horta onde o millo secaba no horreo, os camiño de buxo levaba onda él. As celindas deixaban o seu aroma nas escaleiras que levaban á entrada daquela galería luminosa; as maceiras, fatons, as fragarias e, o lavadeiro que escoitaba nas tardes de calor ás galiñas o seu son durmiñento. Lembranzas que forman parte de emocions moi especiais.

    bicos.

    ResponderEliminar
  13. marcelo- Lembranzas que de vez en cando afloran na nosa mente. Lembranzas para non esquecer. Bonitas imaxes deixas coas túas palabras, tan visuais e sentidas.
    un bico marcelo.

    ResponderEliminar
  14. Un poema que transmite paz. Sus imágenes, son bellas y el ritmo de tu escritura es un canto de vida.


    mariarosa

    ResponderEliminar
  15. mariarosa- Muchas gracias. Recuerdos de otros tiempos vividos y recordados.
    un abrazo.

    ResponderEliminar