jueves, abril 12, 2012

imprimir no pouso do fume


                                                               Pintura de Leandro Lamas


imprimir no pouso do fume
os días descoloridos
pintalos de novo no lenzo
da túa pel
mentres  navego nos surcos que deixou
a túa pegada na miña retina

agora    cando recordo
que un día non souben quererte…




20 comentarios:

  1. ese "non souben quererte" é demolero, Mariola, xenial peche do poema... como un trallazo nas costas.

    biquiños,

    p.d.: Leandro é unha pasada ¿verdade?

    ResponderEliminar
  2. A túa poesía imprime no pouso do pensar, Mariola que ben te deixas ler, que grato e sentir estas letras.
    Esa imaxe de Leandro Lamas tamén se deixa ler.
    Imaxes na poesía...e poesía nas imaxes
    bon fin de semana
    bicos

    ResponderEliminar
  3. ❀◕‿◕❀...Besos Eternos.
    Gracias por hacer que mi mente soñadora tenga sentido.
    ★MaRiBeL★

    ResponderEliminar
  4. sabes que hai un libro de poemas que se títula "o pouso do fume"? a autora é unha poeta nova a quen admiro.
    teño un enlace ao seu blog no meu.

    doe comprobar que ás veces non soubemos querer.
    estou escoitando a canda o poema esa música tan doce, moi agradable pasar polo teu blog.

    ResponderEliminar
  5. esqueceume deixarche o nome da poeta, poida que xa a coñezas, chámase Dores Tembrás

    ResponderEliminar
  6. Aldabra- Moitas grazas, Aldabra. Leandro Lamas encántame. O arte naif gústame moito polo seu colorido e a súa visión da vida. Esceas cotidiás, cargadas de ilusión e romanticismo. Sempre o lado bo da vida.
    un bico.

    balbi lópez- Graciñas balbi pola túas palabras. "Imaxes na poesía e poesía nas imaxes" Gústame iso que dis. A pintura é un arte maravilloso, é unha gozada poder disfrutar dos cadros e sentir todo o que teñen que dicir, e a poesía... que vou dicir eu da poesía que forma parte da miña vida dende hai tantos anos. É como o respirar.
    un abraciño, balbi.

    Maribel- Gracias Maribel. También tú nos dejas sentimientos y mucha sabiduría en tu blog.
    un abrazo grande.

    Zeltia- Pois non foi intencionado. De verdade cho digo. O outo día ía paseando e ás veces levo unha libreta por si se me ocorre alguna idea poder anotala.
    E pasei diante dunha casa na que a chiminea sopraba un fume denso para colarse entre as nubes, e comezei a escribir: imprimir no pouso do fume....logo saiu o demáis.
    Si que coñezo a Dores Tembrás. Supoño que saberás que ten un taller literario na Coruña. Mágoa non poder anotarse. Gustaríame moito poder asistir, pero non sei se poderei e tamén se haberá prazas libres.
    Moitas grazas polas túas palabras.
    un bico, zeltia.

    ResponderEliminar
  7. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  8. Impecables y Hermosas letras. La pintura y la melodia, complemento perfecto
    Buen Inicio de Semana
    Un abrazo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Rosa- Gracias Rosa por tus palabras.
      Buena semana también para ti.
      un abrazo.

      Eliminar
    2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

      Eliminar
  9. Gracias mariola.
    Qué será aquelo das emocions que, ó sentilas se transforman en palabras ordenadas para decir o que nos peta por dentro en forma de versos. Ese sentimento estético que ainda que parimos, no atinamos nin podemos ter, nin definir. Pertenece sempre, coma ese instante fotográfico, imposible de soster, ó infinitamente inabarcable. Beleza e setimento.

    boas tardes, un abrazo.

    ResponderEliminar
  10. Ola Mariola!
    Veño a darche as grazas polo paso polo meu espazo.
    Atópome cun fermosísimo poema que xunto coa pintura e a música fan un deleite para os que aquí chegamos.
    Márchome cunha pegada moi fermosa que sempre terei presente.
    Un biquiño moi forte.

    ResponderEliminar
  11. Marcelo- Grazas a ti Marcelo. Sentimentos, emocións, instantes que collemos e facemos nosos para logo plasmalos nun papel ou nunha fotografía. Momentos que quedarán prendidos para sempre na nosa retina. Qué sería do ser humano sen as emocións, sen o arte da escrita, sen o arte da pintura, sen o arte da fotografía.
    un abrazo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Voltaríamos a ese momento máis animal e pouco refinado que no home habitou hai miles de anos, antes de que comenzase a pintar o que sentía e veía, antes de nacera nel o bico de frente, a caricia que nos fixo ser humans. Eso é o que penso, sería de nós.

      bicos de cores.

      Eliminar
  12. o canto da lúa- Grazas a ti tamén por achegarte.
    Gústame complementar os poemas cunha imaxe ou algo de música. Penso que son boas compañeiras, verdade?
    moitos bicos.

    ResponderEliminar
  13. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  14. Aprender (tamén a querer) require entrenamento. E nos entramentos hai moitos intentos fallidos...

    Bicos

    ResponderEliminar
  15. Chousa- Si. Todo o mundo ten a capacidade de querer. Só hai que intentalo, máis ás veces non sempre se consigue.
    bicos.

    ResponderEliminar
  16. Un hermoso regalo nos haces en esta entrada tan completa,gracias por estar,un abrazo.J.R.

    ResponderEliminar
  17. Jose Ramon- Gracias a ti Jose Ramon, por pasarte y leerme.
    un abraciño.

    ResponderEliminar