miércoles, marzo 28, 2012

flores e recordos


Imaxe de Elvic Steele




a lúa estaba prisioneira  no horizonte
e nos ollos agochábase  a incertidume
e o desamparo

non había flores frescas na mesa
pero as artificiais apoderábanse
do salón   da entrada    das escaleiras 

quería fuxir o aire que se tornaba denso
por momentos
e pola ventá un mar varado contemplaba
o paso das vidas

non había flores frescas
máis a primavera abríase como un xermolo
pese a dor reinante

recordos que reventaban
nos miolos e retrocedían anos
enrugas que atrapaban o tempo

paredes murchas a pesar dos cadros
sofás  desvencellados polo uso
xarros en todas as esquinas sen auga...

esquecer a aflicción aínda que só sexa
polas noites

esfiañar os medos
nos recantos

abandonar a memoria…





21 comentarios:

  1. Un buen momento para los recuerdos,hermosos versos,un placer leerte,un abrazo.J.R.

    ResponderEliminar
  2. En cantas primaveras non hai flores frescas...!


    un mar varado contemplaba
    o paso das vidas


    gustoume especialmente a imaxe que transmiten eses versos

    ResponderEliminar
  3. Qué valeiro, os xarros sen auga,
    é mellor esquencer ese memoria..

    boa semana.

    ResponderEliminar
  4. Jose Ramon Santana- Gracias por tus palabras Jose Ramon.
    un abrazo.

    Zeltia- Si, é verdade e a falta de flores frescas produce abatemento.
    Graciñas, Zeltia.

    David- Gracias David.
    un abrazo.

    marcelo- Si, esquecer esa memoria e seguir adiante.
    Grazas por pasarte e comentar, marcelo.
    un abrazo.

    ResponderEliminar
  5. A memoria sempre terá un sitio para as flores. Ou non?

    Bicos floridos

    ResponderEliminar
  6. Chousa- A memoria sempre estará ahí, aínda que faga dano e as flores acompañarán.
    bicos chousa.

    ResponderEliminar
  7. a trsitura pálpase en cada verso pero sobre todo o que é definitivo é: "non había flores frescas"... as flores murchas simbolizando o pasado, a tristura...

    moi fermoso.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  8. As flores de mentira xa estaban ahí moito antes de esta tristura, sin olor, sin o paso do tempo. A mellor querían atrapar a frescura daquelas que non estaban para que nunca se marchitaran.

    ResponderEliminar
  9. Olá!

    A memória, as lembranças nos acompanham quando estamos desacompanhados. Recordar é viver. Reviver...

    Aproveito para antecipar meus votos de uma feliz páscoa. Com ovos de chocolate, mas sobretudo com Cristo no coração.

    Um abração.

    Antonio (Apon)

    ResponderEliminar
  10. Aldabra- Grazas, Aldabra. As flores murchas, que traen un pasado lánguido.
    bicos.

    Manola- Si. Permanecían ahí moito antes da tristura, é certo. Gústame a túa interpretación.
    bicos.

    Antonio Pereira- As lembranzas sempre están preto de nós. Para que non as esquezamos. Forman parte da nosa vida.
    Feliz semana santa tamén para ti.
    bicos.

    ResponderEliminar
  11. preciosa remembranza mariola, esas flores artificiales derrotadas siempre por el impulso de la primavera
    saludos blogueros

    ResponderEliminar
  12. Jose Antonio del Pozo- Gracias Jose Antonio. Recuerdos que pesan en el alma, pero que están ahí, como las flores que siempre acompañarán a los recuerdos.
    un abrazo José Antonio.

    ResponderEliminar
  13. Mariola, hermosos versos.
    Buen jueves
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  14. Rosa.E- Gracias Rosa. Igualmente te deseo.
    un abrazo

    ResponderEliminar
  15. Merece la pena traducir, para leerte.

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  16. Imilce- Gracias Imilce. Muy agradecida.
    un abrazo.

    ResponderEliminar
  17. Non sei porqué... pero con este poema imaxineime casas escuras con esas flores artificiais sen auga e sen vida, flores que se enchen de po e que só semellan un paso polo tempo de recordos que agora se ve mucho.
    Gústanme moito os teus poemas,teñen moito sentimento...

    Un bico.

    Son O "Canto da Lúa" pero con outra imaxe diferente...

    Como esta entrada vai de flores gustaríame mostrarche as da miña "Terra Meiga".

    Que teñas unha boa fin de semana!!

    ResponderEliminar
  18. o canto da lúa- Moitas grazas. Máis que correspondida quedo. Si. Esas flores sen vida que só semellan o paso do tempo, flores artificiais que fan unha existencia agora baleira...

    Convidada quedo para ver as túas flores na túa Terra Meiga. Aínda que non deixei comentarios xa pasei varias veces. Son ben fermosas, de verdade. Seguirei visitándoa.
    Bicos, guapa.

    ResponderEliminar
  19. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar