martes, junio 14, 2011

Tarde no maínzo...

Foto sacada de Internet
Tarde no maínzo,
alá, no fondal.

Perseguir a primavera
a carón da eira.

Enredarse coas raiolas
entre os bidueiros.

Xogar con espigas.

Manchar o peto de careixós
logo de fartarse deles.

Bailar muiñeiras.

Botar gargalladas
ó vento.

Saciar a fame
con doce de cabaza.

Enchouparse de sol
nos días curtos.

Permanecer aquí,
nesta paraíso terrestre.

5 comentarios:

  1. Resúltanme tan sumamente acolledoras os teus versos, que sinto as espigas que dis rozándome as mans. E case se escoita o son da muiñeira achegándose...
    (Acolledora imaxe a que elexiches para enredarse coas raiolas...)

    Bicos enchoupados de sol

    ResponderEliminar
  2. Chousa, é moi gratificante que os versos cheguen
    deste xeito tan fermoso.
    PD- Escoita como as espigas fan cóxegas nas mans o son do vento...
    bicos.

    ResponderEliminar
  3. Boa noite amiga
    Que lindo Poema!
    Lhe desejo um lindo final de semana, coberto de muita paz e amor!
    abraço amigo
    Maria Alice

    ResponderEliminar
  4. Alice, moitas grazas, eu tamén te desexo uns días felices.
    unha aperta.

    ResponderEliminar
  5. este poema está cheo de pinceladas, de pingas de cousas doces e cheas de agarimo...

    dan ganas de arrolar polos campos, de enchouparse de sol (este verso é preciosos)

    biquiños moi gustosos.

    ResponderEliminar