miércoles, junio 29, 2011

hoxe baixei ata ti...

Acción poética


hoxe baixei ata ti
só para quererte

fun unha raiola
entre os teus dedos

e deixeime facer…

con mimos e bicos
de bolboreta
coa calor do teu corpo
dobregado

e toleei …

Bicos
       Bicos
Bicos…

bicos roxos que naufragan
no eixe da vida
bicos suaves
bicos a presas
morea de bicos

Bicos
       Bicos
Bicos…

baixei ata ti
só para quererte
e ti estabas ali
só para quererme

6 comentarios:

  1. Diabético perdido quedaría o destinatario de tantos bicos (con mimos incluidos, nada menos!). Pero "deixándote facer" tamén eres a insulina imprescindible; así que seguro que alí seguirá, só para quererte...

    Engadirei máis bicos no eixe do comentario.

    ResponderEliminar
  2. Bom dia amiga, vim agradecer a voce por sua linda presença no meu cantinho e fazer parte dos meus 200 seguidores! Venha pegar o selinho dos 200 seguidores que eu fiz com muito carinho. Tenha um lindo dia
    Abraço amigo!
    Maria Alice

    ResponderEliminar
  3. ¡Que fermosas sensacións! Bicos… mimos… e ese verbo grande: baixarse, como una adoración.

    Biquiños a presas,

    ResponderEliminar
  4. Hermoso Mariola....hermoso!!

    Besitos,

    ResponderEliminar
  5. Que bonita, dan gañas de mandarche un bco,alo vai.

    ResponderEliminar
  6. eses bicos colocados no poema coma pedriñas nun balado...

    ResponderEliminar