Educárona con esmero
a carón dunha terra
fértil en froitos

Lía relatos morais
e contos a carón
da lareira
Pelo marrón
ollos redondos
Chimpaba nos prados
onde o alcacén aloumiñaba
a súas mans gordechas
Pes pequenos
voadores
Anos noviños
Ó solpor entraba na casa
rebulindo no cuarto dos pais
Colar de perlas
arredor do pescozo
E mirábase o espello
observando co seu iris castaño
o vestido curto e manchado
que deixaba nu os seus xeonllos
A noitiña unha frase
que durmas con anxos
A VER SI AGORA ME SAE. NORABOA POLO TEU SOÑO, PERSEGUÍCHELO DENDE PEQUENA E AQUI TES PARTE DO RESULTADO, PORQUE SEGURO QUE TERÁS MÁIS SATISFACCIÓNS, E NOSOUTROS ESTAREMOS ESPERANDO PARA LER AS TÚAS VERBAS CARGADAS DE EMOCIÓN.
ResponderEliminarESTE POEMA GÓSTAME ESPECIALMENTE,NON SI É PORQUE EU SON PARTE NESA ISTORIA DE SEPARACIÓN DUNHA MADRIÑA MOI QUERIDA. E UN POEMA DURO E FERMOSO. "CHIMPADA NOS PRADOS "REFLEXA MOI BEN AQUELAS NENAS FELICES QUE GOZABAN COS PADRIÑOS, NA TERRA, NO CAMPO, NAS VACACIÓNS...AI QUE POTITO.
BESOS E SIGUE ESCRIBINDO MOITO. NORABOA DE NOVO. BCOS DA TÚA IRMA.