jueves, septiembre 17, 2009

Despois de quererte

DESPOIS DE QUERERTE


Escribo aínda
coa tenrura que deixan
as túas apertas
na miña pel húmida,
onde escorregan
os últimos pulos
do noso amor.

Eu, que afianzándome
no teu cariño
medrei coas túas miradas
en outono
-cando caen as follas
castañas dos carballos
e un brillo dourado
viste o paseo
da nosa rúa-

Eu, que soñei
coa paciencia infinita
das túas verbas,
-daquela era verán
e ti bicábasme na fronte-

E hai algo no aire,
un éxtase acougado,
un murmurio no meu ombro
que me fala de ti.

Pouso o bolígrafo e dígoche:
gústanme os bicos
antes de quererte,
e despois de quererte
o silencio



2 comentarios: