jueves, enero 03, 2013

voar ata o infinito



                                                      Imaxe de Tomasz Alen Kopera


voar ata o infinito
ata que non recorde quén son

cristalizar as bágoas  no firmamento
para que brillen na escuridade
e ti atopes o camiño que te levará
sen duda a recoñecerme
cando non encontro o regreso

e cando  me mires    saibas dende sempre
que estou preto     alzando as miñas ás
para voar no teu ombreiro… 


 


miércoles, diciembre 19, 2012

Para todos vós


                                                        Ilustración de Valentí Gubianas





Toma este agasallo,                                                    
unha pequena estrela
que alumeará a túa vida .

Acepta os meus abrazos
aínda que non me coñezas.

Somos un baixo este ceo estrelado.

Bicos, moita saúde  e felicidade nestas datas  para todos
dende o meu corazón.
          ---------------------------------------------------------------------             


Toma este regalo,
una pequeña estrella
que  iluminará tu vida.

Acepta mis abrazos,
aunque no me conozcas.

Somos uno bajo el cielo estrellado.

Besos, mucha salud  y felicidad para todos
desde mi corazón.







sábado, diciembre 01, 2012

Relax, té e abrazos.



Eu non sei cómo organizar
os trazados das lousas,
cando se van derrubando ó noso paso
-polo peso ou  pola incertidume dos nosos pés cansos
que  recorren as pedras como granito gris e frío-

Suponte,
non entendo  dos ciclos da vida
nin das auroras boreais.


E na teima que ás veces teño comigo mesma
procuro ausentarme  tomando una taza de té con bergamota
 -saborear ese amargor  delicado e afrutado  mentres recorre a boca,
a garganta, ata aloxarse no estómago quentando as emocións alí pousadas-
Inspirar longo.
Exhalar limpando o corpo das malas vibracións.




As lousas volverán a recompoñer un novo camiño.
Os ciclos sucederanse porque así é como ten que ser.
As auroras boreais seguirán brillando para todos nós.

E agora, vai un abrazo?














miércoles, noviembre 21, 2012

Recolle estrelas.



                                                         Imaxe de Alastair Magnaldo




Ir cara atrás, no tempo dos xogos.

Mirarse no espello dunha mirada pura.

Rir ata ter maniotas.

Contar contos mentres a lúa enche o ceo.

Mecer os soños  nunha góndola dourada.


E recuperar de novo aquel recolle estrelas
que un día inventei para ti.