lunes, marzo 19, 2012

agora sen ti

                                             Cuadro de Mara Light. "Light Taryn Draped in Red"



agora sen ti
sen o refuxio que proporcionan as túas caricias

suplicando ver os teus pasos no pavimento
agardando a que abras a porta
e suspires no meu pescozo

agora    sen momentos que contemplar
tras os cristais

agora sen ti


Ela  permanecía oculta tras as cortinas que se abaneaban co vento do nordés.
Queda e muda, observando unha primavera agonizante.

Prendida dos recordos que nunca volverán, imaxinando que en calquera momento unhas mans delicadas rodearían o seu van e sería despois cando ela entornaría os ollos  para agasallar  todo o seu corpo coa cadencia dun valse...





lunes, marzo 05, 2012

A envexa.

                                                             Imaxe Susi Lawson



Quería ser furtiva nos corpos dos demáis, deslizarse como  unha  serpe a carón de todos os  pasos e volver como una raíña a domear  o mundo.
A teima consistía en arrebatar os sorrisos e facer con eles elegantes vestidos de princesa que cegaran  á humanidade.
Só  ela relocería coa luz roubada.
E  así o fixo.
Pero quería máis.
E comezou a matar para conseguir a  salsa  da vida.
Arrebatou ansias.
Atrapou  soños.
Esnaquizou  a bondade.

Pretendía  respalandecer como os lóstregos que descendían entre as montañas.
E así o fixo.
Machucando a xuventude.
Roubando as almas.
Escondendo o sol nas enaguas …

Aquel día o vestido que levaba posto era dun azul celeste cheo de encaixes de bicos e mimosas.
Non satisfeita co seu refulxir adentrouse no bosque para espir as árbores das súas follas e facer con elas una coroa de enganos.
Nese momento , un raio relucinte  zigzagueando no aire denso, recorreu a sús espiña dorsal
para ficar no seu corazón convertíndoa en estatua de barro.



sábado, febrero 25, 2012

Una de pasión.





Imagen de Nicoletta Tomas Caravia




Una de pasión.


Atrévete a palpitar en mi vientre,
así, indisciplinado.

Estállame como un rayo navegando
en mi pubis.

Deléitame con  palabras recién horneadas
en el aire caliente.

Devuélveme  la impaciencia,
el desasosiego,
la sed que mi garganta proclama.

Atrévete a sonrosar mis pechos
con tus roces,
a mirarme conteniendo el deseo.


Escucha mi voz quebrada cómo te nombra,
mientras mi cuerpo exhausto
termina el primer acto.
Mmmmm…

Atrévete!






miércoles, febrero 15, 2012

Rosas murchas e un corazón que suplica por un novo engrenaxe.

                                      " Cucos" - Manolalago.  Pinchar aquí  para ver máis fotos.




Rosas murchas e un corazón que suplica por un novo engrenaxe.
Suspiros  atrapados no medio dos cables eléctricos.
Murmurio de apertas  que xa non se sinten nin quentan os ombros.
Esgotar  a famenta necesidade do corpo por sorber os últimos folgos de amor.

Mentres tanto, os cucos van temperando  o desacougo.



jueves, febrero 09, 2012

Cando descobrín o corpo aínda estaba quente.

                                                          Imaxe sacada da web





Cando descobrín o corpo aínda estaba quente.


Eu coñecía o escondite, un furado no medio do monte, agochado debaixo da follaxe seca.

Non crín atopar a ninguén dentro.

Pero ahí estaba él, aterido de frío e cos ollos pechados, balbucindo incongruencias .

Abrigueino coa miña zamarra.

Cargueino ás costas ata a cabana máis próxima.

As súas mans rodeaban o meu pescozo débilmente e o seu corazón parecía que quería escapar, latexando no meu lombo.

Cando chegamos á casa preparei unhas sopas con pan de broa .

Logo, mirándome tímidamente, deixou escapar un sorriso pequeno como un cuarto minguante .

E nos meus ollos, unha lúa chea prendeu para sempre.



sábado, enero 28, 2012

Quiero volar- dijo con un hilo de voz.


                                        Imagen sacada de la web


Quiero volar- dijo con un hilo de voz.
Quiero comprar unas alas para poder volar.

Dejé que pasara  un tiempo  hasta encontrar unas alas a su medida.
Dejé pasar demasiado tiempo.

Cuando se las probó, su cuerpo había encogido tanto que el peso le hizo retroceder.
Y cayó en el abismo.






domingo, enero 22, 2012

Lavei o corpo con auga de rosas





                                                                        Imaxe de klimt


Lavei o corpo con auga de rosas.
Sequeino coidadosamente, as costas , os brazos, os peitos xenerosos, as  cadeiras…

Mirei con ollos de devezo  a  imaxe  no espello barroco, onde a imaxinación facíame un chisco no medio das líñas decorativas.
Entornei os ollos…

Fun a raiña nese  intre.  Logo, as mans bailaron un tango frenético baixo a luz tenue da lámpada. 



viernes, enero 13, 2012

labrar la pena en una taza de porcelana

                       
Bordando la luna- Pilar Salas




labrar la pena en una taza de porcelana


mientras el mundo gira en la cabeza

a golpe de castañuelas



labrar la pena en una habitación de castaño

mientras se escuchan los sueños dormidos

en sábanas de franela



labrar la pena

cuando el sauce crece

en el invierno



labrar la pena

cuando el pájaro canta

arrullando el silencio



y en la noche más oscura

labrar la pena

bordando la luna



jueves, diciembre 29, 2011

Quero volver. Non importa a pena que me poñas.


                                                                Imaxe de  Dennis Ziliotto




Quero volver. Non importa a pena que me poñas.


Regresar a ese aire famento de ilusións.

Construir columnas con buguinas e cunchas.

Adornar entradas con fentos e calas.

Debuxar teitos con arcos da vella.



Quero volver, nadar espida saltando nas ondas da miña inconsciencia.

Secarme ó sol .

Viaxar ó longo do teu corpo saboreando a picardía nos teus ollos.



Capturar o eco do sorriso.

Contemplar volvoretas.

Brincar entre bidueiros.

Abrazar.



Tornar coas mans cheas para darlle una volta de esperanza ó ano que empeza!







domingo, diciembre 18, 2011

Decembro de dolor.

                                                        Imaxe sacada de Internet


Decembro de dolor.


Unha porta que se pecha.

A negrura máis absoluta.

Anos enquistados na alma que chora nas esquinas.

Non teño folgos para imaxinar o tremebundo dos días.

Máis choro cunha rabia desoladora.





Facía un día como hoxe, soleado, díxome con total naturalidade.

Quedei calada, non podía pensar nas raiolas daquel Decembro tan duro.

Pregúntome cómo foi capaz de sobrevivir.

Quizais, porque aquel sol de inverno foi quentando as bágoas ata que un día cesaron de brotar.