miércoles, enero 16, 2013

Levabas conta dos minutos engaiolados na túa fronte



                                                          Ilustración - Alberto Macone

 

Levabas conta dos minutos engaiolados na túa fronte.
Presentías cerca a morte do corpo engurrado.
Pero aínda non era a hora de partir.
E o alento que tiñas gardado  acadou o límite máximo para deixarte- quén sabe- algunha primavera máis cerca de min.


enchouparse de luz morna
no atardecer
mentres ti fálasme
de breixos e acacias











18 comentarios:

  1. E fermoso o que transmite, levame a pensar en alguén que xa se me foi hai tempo.
    Que esa primavera de alento sexan moitas mais
    felicidades por esta creación Mariola.

    bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ese alento vai xa gastadiño, vai para 91 anos, pero quén sabe...
      moitas grazas polo teu achegamento.
      un bico balbi.

      Eliminar
  2. que ben contas eso que se dí vulgarmente como "tirar polo alento".

    o contas ben fermoso... produce certa tristura pero tamén produce ledicia por ese poquiño mais de tempo roubado á vida.

    noraboa.

    biquiños,

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tristura ó saber que algún día xa non estaremos aqui, pero alegría porque mentres estemos poderemos seguir disfrutando dos nosos, da nosa existencia, do noso vivir.
      graciñas Aldabra.
      bicos.

      Eliminar
  3. rabuñarlle outra primavera máis á vida para poder falar de breixo e mimosas...
    inda que transmite agradecimento e ledicia, sempre esa sombra dos días contados...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si, e esa sombra segue os pasos, máis aínda cando un xa conta tantas primaveras...
      grazas zeltia.
      un biquiño.

      Eliminar
  4. Bello y profundo poema Mariola.
    la nostalgia de lo que fue perdura en el alma y aunque el tiempo pase siempre estarà en nuestra memoria.
    Te dejo un abrazo grande.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Y nuestra memoria recordará los días felices...
      Muchas gracias Adriana.
      Otro abrazo grande para ti.

      Eliminar
  5. Breve pero fermoso,aínda que se percibe nel a sombra dunha ausencia.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Como a brevedade da vida...
      Alégrome de que che gustara.
      graciñas.
      un bico.

      Eliminar
  6. Deixáchesme enchoupado (enlarafuzado)de poesía!
    Bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Unha fermosa palabra "enlarafuzado" e aínda por riba de poesía!!
      graciñas chousa.
      un biquiño.

      Eliminar
  7. HERMOSO POEMA MARIOLA, PROFUNDO Y SENTIDO, LA ESENCIA DEL SER EN PALABRAS Y TODO ESE BAGAJE DE SENSACIONES ENCONTRADAS.
    UN BESITO QUERIDA AMIGA.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Luján. La lucha del ser por permanecer en esta vida, por agarrar los minutos y navegar por más tiempo
      en este cuerpo que nos han dado.
      otro beso grande para ti.

      Eliminar
  8. Bello e intenso, un placer Mariola visitarte, un abrazo.J.R.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Jose Ramon. Siempre tan amable.
      un fuerte abrazo y buena semana.

      Eliminar
  9. Acaricia-la acacia...

    Onde eu vivo as acacias son unha praga que amarillea os canóns do Miño e do Sil incluso antes de escomenza-la primavera. Son árbores que apenas sí soportarían o peso dun aforcado, pero nalgún país mediterráneo empréganse as súas frores como símbolo de amor e lealdade. O dito...acaricia-la acacia.


    Un bico, Mariola.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A min encántanme. De pequena había unha cerca do colexio onde ía é cada vez que pasaba quedábame embobado mirando para ela. O quen on sabía era que se empregaban con símbolo de amor e lealdade. Gústame.
      un biquiño Miguel.

      Eliminar