Diosa Kuan Yin
Quero que chova forte e desguedelle os meus cabelos torrencialmente, quedar espida de fragancia e lirios, que chova como no Amazonas, inundando a selva de orquídeas salvaxes.
Quero madrugar na conciencia, manchar as mans de cinza ou de barro, afondar os pés na nai terra
e rexurdir.
Vale. Falareiche coa xente de meteosat para que mande choiva logo.
ResponderEliminar(En realidade xa o finxen onte, pero engañeime de ubicación e choveu en Tenerife!)
Biquiños vacacionais
encántame, é como unha oración de renascimento... pero me prendo un pouquiño "na nai terra".... ¿por qué non "terra nai" que se lé mellor?
ResponderEliminarbiquiños e boa semana santa.
CHOUSA- Xa está chovendo! Non te equivocaches moito , porque en Fene chove forte, chove para limpar o aire, os pulmóns, a conciencia, para saltar nas pozas e mollar os pés, para encher logo de flores o campo e que reluza mellor a primavera!
ResponderEliminarQue terá esta auga galega que tanto inspira?
un bico floreado.
Aldabra, gústame eso que dis de que é como unha oración, é un rexurdir de novo, un volver á conciencia pura e limpa , un tornar a nós, un "eu son" e nada máis.
ResponderEliminarun biquiño dende o meu corazón.
Encantame este rexurdir da Terra, das raices.
ResponderEliminarTamén me gusta a choiva pero estes dias de vacacións agardemos que escampe ou asome algunha raiola.
Moi fermoso este Rexurdir. bicos
Balbi- Grazas polas túas palabras. Agardaremos a que escampe, pero se non é así rexurdiremos máis fortalecidos porque a auga é o noso sustento.
ResponderEliminarBoa ponte.
Un bico.