miércoles, marzo 30, 2011

Algo se quebrou...




Algo se quebrou
desde a impaciencia
sublevada.

-Somerxida nun mar
tempestuoso,
nadando entre argazo,
devorando o último
suspiro quente-

Corrín a esconder
a culpa na area,
cos dedos, coas mans,
cos dentes, cos ollos,
esmagando forte
ata facer sangue
nos nocellos.

Logo desaparecín.

2 comentarios:

  1. Cando a impaciencia se subleva, pouco importa que sanguen os nocellos...

    A area é un bo sitio para esconder os granciños da culpa. O mellor sitio para agochar un elefante é no medio de trinta elefantes!

    Bicos a presas

    ResponderEliminar
  2. Intensa e preciosa.O ler o de esconder a culpa na area...aprétame o peito.A culpa ás veces pode ferir moito, pero hai que aprender e perdoarse. Bcos

    ResponderEliminar