non teño tempo para excusas
ámame sen palabras nin traizón
sen pactos nin música
sen flores sen rimel
nin perfume
ámame en min
xa non teño horas
para esperarte
envolta en gasas azuis
porque agora estou aquí
a carón da túa sombra
e palparei a cobiza
nas palmas das mans
susurrando outro nome
Pides amor nú de adornos, e co xeito co que o pides é para darcho; pero iso de susurrar outro nome...non sei eu
ResponderEliminar(As gasas azuis perfumadas tamén poden evocar flores musicalizadas...)
Bicos sin excusas
Chousa, ela pide amor sen florituras, tamén sen traizón, sen pactos, sen excusas pola parte del, pero se non llo dan....xa non terá horas para esperalo.
ResponderEliminarGústame que as gasas azuis podan evocar flores musicalizadas, moi poético.
un bico sen adornos.
ay, Marioliña, agora podes saltar as normas do obradoiro é explicar o que quixeche contar... si o sabe un que eu me sei... jeje
ResponderEliminarbiquiños,
aldabra, e eu que pensei que era ben doado descifralo...
ResponderEliminarquere que a amen sen adornos, tal como ela é, pero coido que hai excusas , traizón, moitas esperas, e ela xa non quere esperar máis (non se pode ter a alguén só para o teu proveito) non sei creo que é mási fácil lelo outra vez que explicalo.
moitos bicos.
Pd- no obradoiro non poderei saltar as normas, máis ás veces gustaríame tanto...pero eu son así e seguirei sendo desta maneira pese a quen lle pese.
Mariola, nestos momentos, leer o teu poema veume como anelo ao dedo, e xa non digo mais. Gustame moito,como sempre,cheo de sentimento, asi ainda me gusta mais.
ResponderEliminarBicos entre gasas azuis
Rosa, moitas grazas polas túas palabras, e que estamos cheas de sentimentos que inundan os nosos anhelos.
ResponderEliminarunha aperta agarimosa.
Bonito de verdad...
ResponderEliminarCreo que ese debería ser el único objetivo de una alianza entre dos personas, un amor sin adornos ... una simple rendición ;)
Besote preciosa
Tonet, tes toda a razón , é moi fermoso cando un ama sen adornos.
ResponderEliminarun bico.