"El gran masturbador" de Dalí
Imaxe en branco e negro.
Imaxe en branco e negro.
Rescate de gozos subalternos,
disipados, proxectados a través do cristal.
Voyeaurismo sen censuras.
Corpo adulto,
desaforado.
Oscilación pelveana,
mans sometidas ó desenfreo,
espasmos puntuais,
labios que morden o devezo
e sepultan un berro.
Cóctel explosivo.
Corpo adulto,
relaxado,
pícaro,
observando o meu enxame
de expectativas.
A carga semántica dos labios que morden o devezo á vez que sepultan un laio, so é superada pola propia carga erótica da oscilación pelveana suxeita polas mans sometidas ó desenfreo...
ResponderEliminarPara ser unhas meras expectativas...están moi ben!
-Excelente escolla pictórica-
Un cóctel de bicos
Grazas polas túas palabras e por visitar o meu blog, nesto do erotismo hai que ir escollendo pouco a pouco as expectativas á vez que as verbas entran na nosa mente e a nosa pel enchéndonos de cadencias sen fin .
ResponderEliminarbicos.
Seguro que sabes perfectamente cales son as xoaniñas. Tamén se lles chama, alomenos por Antas, costureiriñas.
ResponderEliminarDe neno, cando collíamos unha, facíamola subir de un dedo a outro decíndolle:
"voa, voa, xoaniña, voa,
que che hei dar pan e cebola..."
Bicos
Unha foto dunha xoaniña:
( http://3.bp.blogspot.com/__dbqndTKGPE/SgT9RvYCAYI/AAAAAAAAA4M/eEgrn-ughnM/s1600-h/xoani%C3%B1a.jpg )
Las vueltas y vericuetos que muestra el deseo.
ResponderEliminarBiquiños
p.d.: precisamente estoy leyendo ahora un libro que escribió Dalí sobre su vida... ¡que pirado estaba!
Bueno! Que calor!!e que erótico!!!.Noraboa.Bicos.
ResponderEliminar