Foto sacada de Internet
Así foi, sen facer ruído, calmo, silencioso, sen apenas pronunciar ningunha verba.
Agora sabes que fuches sempre o primeiro.
Sí, eles decatábanse da túa infancia marchita, do amor de nai que nunca coñeciches.
Decatábanse da soedade que roías como un anaco de pan duro, das veces que rompías os miolos
imaxinando a casa chea de xoguetes que non tiñas, ou de apertas que non che daban.
Fuches sempre o mellor. Eles o sabían, por iso sepultaron o teu nome, para que non o encontrases.
Doíanse da túa fraxilidade que tamén era a súa.
Pero onte, nunha noite de lúa chea, o vento trouxo imaxes que non recordabas, recuperou o amor incondicional da túa nai, as apertas que sempre quixeron darche.
Onte, nunha noite máxica para ti, encontraches escrito as palabras que nunca pronunciaron eles,
amor amor
Foi como tiña que ser , unha noite MÁXICA só para ti.
Ían caendo cadencias cándidas e ti xa non imaxinabas outro mundo mellor.
E así foi, sen facer ruído, como o teu nome apoderouse da vida.
Todo ten o seu lugar neste mundo,
así,
sen
facer
ruído.
esta sí que es la mariola que conozco y la que más me gusta, tengo que decirte.
ResponderEliminarbiquiños,