Foto sacada de Internet
Sorbícheme o seso
como se estiveras bebendo
un sorbete.
Enchoupaches os meus ollos
de desexo lascivo,
de lava quente como o sangue.
Pensei por un intre
que estaba o borde do desatino.
Coa porta pechada,
o meu corpo miúdo
tremía cando os teus dedos
debuxaban círculos no meu embigo.
Vin o crepúsculo,
a xeada carambelizada nos fentos
a soedade,
a tristura,
a emoción espallada nos corpos.
Sentín os meus latidos
e berrei como unha posesa.
Logo abrín a porta.
Espida, saín para ver o ceo roxo..
Sorbícheme o seso
como se estiveras bebendo
un sorbete.
Enchoupaches os meus ollos
de desexo lascivo,
de lava quente como o sangue.
Pensei por un intre
que estaba o borde do desatino.
Coa porta pechada,
o meu corpo miúdo
tremía cando os teus dedos
debuxaban círculos no meu embigo.
Vin o crepúsculo,
a xeada carambelizada nos fentos
a soedade,
a tristura,
a emoción espallada nos corpos.
Sentín os meus latidos
e berrei como unha posesa.
Logo abrín a porta.
Espida, saín para ver o ceo roxo..
me gustas cuando escribes estos poemas tan sensuales, con tanta pasión.
ResponderEliminarbiquiños,
GUAU!!!!!!es impresionante!!!!
ResponderEliminarEnhorabuena.Moitos bicos.