domingo, febrero 21, 2010

Yo en ti.Tú en mí.


                                                         Mandala sacado de Internet



Lo miré de frente. No dijo nada. Esperé que se calmara mi alma agitada y me di un respiro.
Tan sólo un descanso de cinco minutos.
Y comenzó la música dentro del cerebro. Primero como una simple melodía, luego como un río que va bañando los pensamientos dejándolos transparentes; más tarde como un mar de pétalos rosas.
Fui desposeyéndome de todas las pertenencias. Después, cuando la mente ya no miraba al reloj sucedió que me fui lentamente, dejando que el silencio inundara mi habitación de incienso y de mandalas.
Estaba yo sola y con todo el universo, abrigada por la lluvia de estrellas que cosquilleaban en mis manos calientes.
Ahora y sólo ahora, navegando bajo el océano sin palabras, así, despacio, en la calma del no-tiempo.



domingo, febrero 07, 2010

Asinme a queles anos novos...



Asinme a aqueles anos novos nos que a ledicia de ser neno ocupaba todo o universo, a aventura de contarlle contos os paxaros ou subir a unha roda de camión gastada co meu amigo da infancia, de deter o mundo nunha col, aferrándome coas mans o seu talo, de xogar na horta ollando da miña irmá; a miña irmá; ben feitiña como unha boneca, co seu peto gris e o seu pelo amarelo como unha mazorca de maínzo.


-Deter o tempo hoxe, e albiscar os meus ollos noviños-


...Coller unha col daquelas que adornaban os nosos campos e plantala no meu cerebro ata que brotasen raíces e encrespasen o meu pelo castaño.


-Deter o tempo hoxe, o tempo que non se detén-


Volver a ulir aquel sol feiteceiro quentando a auga da tina enriba da herba, onde nos bañabamos a miña irmá feitiña como unha boneca e máis eu, os días de verán.

E todo, no derradeiro día no que todo cambia.


domingo, enero 24, 2010

gústame como escribes...


                                                           Cuadro de Blasco Mentor



gústame como escribes
antes de que saian as palabras


cando me rodeas
cos teus abrazos
e caio debruzada
no sofá do salón


gústame cando me pides
lúas e mares
mentres debuxas cos teus dedos
o percorrido que fará a túa lingua
no meu corpo despois
mais alá do tempo


gústame como me debuxas
na túa cabeza
cando me besas
para curar o insomnio
como ti sabes
despacio
lentamente


gústame así
porque así
es perfecto
para min


a ti, meu amor: se a sinxeleza estivera no aire, que está,
andarías danzando nel


domingo, enero 17, 2010

atrapada nunha madeixa...


                                                            Foto sacada de Internet



atrapada nunha madeixa de palabras
espero queda
desenmarañando
os fíos dos meus pensamentos


---------------------------------------------


merco agullas de tecer


---------------------------------------------


fago unha nova madeixa
esta vez para calcetar
un xersei verde de inverno


martes, enero 12, 2010

recollendo moras...


                                                                Foto sacada de Internet



recollendo moras


atrapar o zume


que esvara polos dedos


chupar neles melosamente


bicarte con bicos azuis




lunes, enero 04, 2010

Sobes como a burbulla



                                                             Foto sacada de Internet



Sobes como a burbulla
e pousas enriba das nubes
-saltadoiro dos ceos-

Brincas nas estrelas
guiado polos aneis de saturno.

Logo baixas nun intre
para bicarme
e vaste correndo.
Chámote
e non me oes.
Atópote no cuarto
enredado con xogos infantís,
investigando a estructura dun castelo
ou dun coche de carreiras.

Mírote e sorrío.

Detés o tempo
cun só pestanexo.


martes, diciembre 15, 2009

a raiña sorrí...


                                               Foto sacada de Internet


a raiña sorrí
ó ver o ceo
recheo de estrelas
escintilantes
como esmeraldas


eu encaixo
as coordenadas


tal vez un querubín
esté esperándoa


miércoles, diciembre 09, 2009

fico sentada...



                                               Foto sacada de Internet


fico sentada
calada ensimesmada
apoucada sosegada
inundada

deixo pasar un segundo
no teu tempo
como unha raiola
para que me sigas

e volvo cara ó interior


domingo, diciembre 06, 2009

Eran como dous elfos...

Eran como dosu elfos
gardándose da noite
negra

Eu mirábaas
co iris amarelo
da nostalxia

E fun quen de ver
tralos seus ollos
espidos

Lonxe das miradas
alleas

Vin a dúas mulleres
fermosas
a un amor
ceibo

Eu estaba sentada
elas na barra do bar

domingo, noviembre 29, 2009

No albor das estrelas...


                                                           Foto sacada de Internet



No albor das estrelas
agocharei o teu silencio


Fuxirei co teu sorriso
ata a constelación
mais distante
afastando os malos espíritus
da túa memoria


E durmirei
durmirei debaixo dun alboio
fitando como os teus ollos alumean
na cola dun meteorito