lunes, octubre 28, 2013

Deixando ir algunhas anotacións.


                                                                 



Imaxe Duy Huyn


Do naufraxio sobrevive unha taza de  porcelana china, antiga, como a túa mirada petrificada.



Dame a man, disme cando  xa pecho a porta.


     
Envelenas o aire coa túa nostalxia; custa respirar cando estás cerca.



O silencio estaba por todas partes, na tosta de arándanos, nos labios sorbendo o té vermello,
na mirada pousada na cama baleira, no  corpo engruñado que un día  máis proseguía sen folgos.



Regresa o outono, as follas cantan espalladas no chan una sinfonía sen notas, e no renxer que me regalan ó meu paso vaise  producindo a milagre, un voo  imperceptible que volve a anclarme á terra.

.
                                                           





18 comentarios:

  1. Envelenas o aire coa túa nostalxia; custa respirar cando estás cerca.
    Mentres lía non pensaba que era un poema "de outono". E non é. Pero o outono anda arredor e nós xiramos nel.

    ResponderEliminar
  2. Si e este ano ven cargado de nostalxia...
    Grazas Zeltia. un bico.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Da nostalxia podemos sacar tamén cousas positivas. Incluso hai momentos nos que podemos envolvernos nela e sentirnos acollidas.
      Pero deséxoche que esa nostalxia non sexa tanta, que só estea acentuada polos días curtos, a humidade, o vento.

      Eliminar
    2. Entendo moi ben do que falas na primeira parte do comentario.
      Hay de todo un pouco, a pena supoño irá pasando, aínda que é certo que co outono todo se acentúa.
      graciñas Zeltia, un biquiño.

      Eliminar
  3. Hola Mariola, buenas tardes,
    imposible dejar pasar éstas líneas
    "O silencio estaba por todas partes, na tosta de arándanos, nos labios sorbendo o té vermello, na mirada..."
    me han encantado,
    que cada uno tome las suyas, "yo" me quedo con éstas...
    realmente bonitas y profundas palabras.

    Te deseo una hermosa tarde de martes
    un beso y un abrazo

    ResponderEliminar
  4. Gracias Ariel por tu comentario. Me alegro que te guste.
    Buen martes para ti también.
    un besito.

    ResponderEliminar
  5. HOLA QUERIDA AMIGA
    ESTA VEZ LA TRADUCCIÓN NO HA SIDO BUENA PARA MI.
    TE DEJO UN BESO GRANDE, LA IMAGEN ES LA DE UNO DE MIS PINTORES PREFERIDOS.
    CARIÑOS

    ResponderEliminar
  6. Hola Luján. Te dejo la traducción. Son frases independientes:

    Del naufragio sobrevive una taza de porcelana china,antigua, como tu mirada petrificada.

    Dame la mano, dices, cuando ya me voy.

    Envenenas el aire con tu nostalgia, cuesta respirar cuando estás cerca.


    El silencio estaba por todas partes, en la tostada de arándanos, en los labios bebiendo el té rojo, en la cama vacía, en el cuerpo encogido que un día más proseguía sin ganas.

    Regresa el otoño, las hojas esparcidas por el suelo cantan una sinfonía sin notas y en el rumor que dejan a mi paso se va produciendo el milagro, un vuelo imperceptible que vuelve a anclarme a la tierra.

    besitos Luján.

    ResponderEliminar
  7. Nostálgico pero infinitamente bello.
    Como el otoño y su paisaje así el alma en ocasiones habla.
    La música una delicia.
    Te dejo in inmenso abrazo y buen fin de semana querida Mariola.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Y esta época del año parece que invita más a interiorizar nuestros pensamientos, a volcarnos en nuestras raíces más profundas.
      Muchas gracias Adriana.
      Buen fin de semana también para ti. A nosotros nos toca la lluvia.

      Eliminar
  8. O outono sempre ten un aire de nostalxia.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si e ás veces o outono ven todavía máis cargado de melancolía, esta humidade que se coa por todas as esquinas e molla ata as entrañas.
      Grazas Raposo.
      un biquiño outonal.

      Eliminar
  9. Que xeito de mostrar certos intres coas palabras.
    Sempre te rodea algo.

    bicos grandes.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola marcelo.
      Os pensamentos que escapan...e os espazos que están ahí para reflexionar.
      grazas marcelo.
      un bico grande.

      Eliminar
  10. Esa "mirada pousada na cama baleira"...tamén pode ser unha invitación a...enchela! Non hai estación mala.

    Bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mirándoo así tes razón e agora que ven o frío invita máis a enchela.
      Cada estación ten o seu., é certo, cada día novo é unha alegría.
      Tomo nota.
      graciñas chousa.
      un bico.

      Eliminar
  11. Mariola, camarada...teño o costume de pasarme como pouco duas horas diarias mergullado nun baño de auga quente. Adurmilado a maior parte do tempo (son un tipo líquido). Xa teño en qué pensar esta tarde. Sabes que non son dos que aplauden por defecto ¿verdade? Esta vez ando orgulloso de que escribiras algúns deses párrafos. Pura empatía visionaria.

    Coma un onanismo líquido insensato. Un Nunca Máis.


    Bicos


    P.s.: ¿Deixaríasme usar algunha das tuas frases nun dos meus poemas?

    ResponderEliminar
  12. Podo tomar prestados os teus versos?

    outro bico.

    ResponderEliminar